AD

Actualidad

O PP de Santiago reclama a posta en marcha das cámaras instaladas na cidade

today3 mayo, 2024

Background
share close
AD
  • José Ramón de la Fuente manifestou a preocupación do PP compostelán polo aumento significativo da criminalidade na cidade, incremento que os propios cidadáns levan percibindo e denunciando nos últimos meses, ademais da ausencia dunha resposta contundente por parte do BNG.
  • A veciñanza debe saber que, para os nacionalistas a inversión en seguridade non é economicamente rendible, pero si é imprescindible ter os multamóbiles pola cidade, recollendo imaxes para multar; ou ter o radar en Conxo, gravando e sancionado a miles de automobilistas”.

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, manifestou, en rolda de prensa, a preocupación do Partido Popular de Santiago polo aumento significativo da criminalidade na cidade, incremento que os propios cidadáns levan percibindo e denunciando nos últimos meses, ademais da ausencia dunha resposta contundente por parte do BNG.

Ante esta situación, De la Fuente reclama que “as cámaras de videovixilancia e do proxecto Smartiago que temos instaladas, sobre todo as do Casco Histórico, cumpran a súa función, pero a realidade é que, actualmente, ou non gravan ou as imaxes son inservibles, polo que os efectivos policiais non poden empregalas para o esclarecemento de delitos”

O popular remarcou que os nacionalistas non dan unha razón convincente de porque non queren que se empreguen as cámaras e, a tenor do que están facendo, a veciñanza debe saber que, para o BNG, a inversión en seguridade non é economicamente rendible, pero para os nacionalistas si é imprescindible ter varios multamóbiles circulando pola cidade, recollendo imaxes para multar; ou ter o radar en Conxo a pleno rendemento, gravando e sancionado a miles de automobilistas”.

“Desde o Partido Popular de Santiago, invitamos ao BNG a que cambie, actualice, configure e adapte as cámaras de videovixilancia, co fin de que graven imaxes, sempre ao servizo dos Órganos xudiciais e policía, é dicir, traballar ao servizo dos veciños e da súa seguridade”, remarcou.

Non se pode negar que volveron os altercados ao Toural; proliferan os narcopisos; cada vez son máis frecuentes os asaltos a comercios; os veciños padecen macrofiestas ilegais multitudinarias en naves abandonadas; e, recentemente, podemos presenciar persecucións automobilísticas, datos que corroboran os publicados polo Ministerio de Interior, que indican que, desde o ano 2017, a criminalidade incrementouse en Santiago un 25 %.

De la Fuente insistiu en que “crecen todas as figuras delictivas salvo as estafas informáticas, aumentando os delitos contra a liberdade sexual, en case un 60%, rexistrando o maior número de delitos desde 2016; e os roubos con forza en domicilios e establecementos, que suben máis de un 71%, a maior cifra nos últimos 8 anos”.

O pasado ano, Santiago sufriu o segundo maior incremento da criminalidade en Galicia, só detrás de Lugo, neste momento, ten o triste récord, entre todas as cidades galegas, xunto coa Coruña,, “a pesar deste panorama, agregou, os nacionalistas presumen de que Compostela é unha cidade segura., pero a realidade é teimuda e a capital de Galicia ten menos seguridade que Ferrol, Pontevedra, Ourense, Lugo ou Vigo”.

“Hai tempo que os populares denunciamos a evidente falla de efectivos policiais e reclamando do BNG que esixa ao Goberno do Estado o aumento de efectivos como a elevación de rango da Comisaría de Santiago, pero os nacionalistas nada teñen feito”, indicou.

 

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%