AD

Actualidad

O PP de Santiago solicita pantallas xigantes na praza Roxa para ver a final da Eurocopa 2024

today10 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Segundo o Partido Popular, a clasificación da Selección Española de Fútbol para a gran final, xera unha enorme ilusión entre afeccionados e cidadanía en xeral, polo que demandan un lugar público onde compartir o encontro e festexar xuntos a que pode ser unha grande vitoria.
  • Pediu tamén que se adopten todas as medidas de seguridade necesarias, incluídas as de control de tráfico; presenza de Policía local e Protección Civil, ademais da prestación de servizos sanitarios adecuados, co fin de garantir que a xornada se desenvolva con normalidade.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, vén de solicitar ao BNG a instalación de pantallas xigantes na praza Roxa o vindeiro domingo, día 14, para que os cidadáns e afeccionados poidan compartir a final da Eurocopa 2024, na que a selección española pode converterse, de novo e por cuarta vez, campiona de Europa.

Segundo o Partido Popular, a clasificación da Selección Española de Fútbol para a gran final, xera unha enorme ilusión entre afeccionados e cidadanía en xeral, polo que demandan un lugar público onde compartir o encontro e festexar xuntos a que pode ser unha grande vitoria.

“A posibilidade de ver a final nun ambiente comunitario, nun lugar público, fomentará o espírito de unión e confraternidade entre a veciñanza e ofrecerá unha alternativa segura e controlada para as persoas que desexen gozar do evento en compañía”, subliñou De la Fuente.

Para o popular, a praza Roxa sería o lugar idóneo, posto que se trata dun espazo céntrico, de fácil acceso e de gran capacidade, que pode acomodar un gran número de persoas con seguridade.

Xunto coa instalación da pantalla, o Partido Popular solicitou que se adopten todas as medidas de seguridade necesarias, incluídas as de control de tráfico rodado; presenza de Policía local e membros de Protección Civil, ademais da prestación de servizos sanitarios adecuados, co fin de garantir que a xornada se desenvolva con normalidade e nun ambiente de confraternidade.

De la Fuente lembra que, cando foi a final do Mundial feminino, xa solicitáramos a instalación de pantallas, pero o BNG non tivo en conta a nosa solicitude, polo que esperamos que nesta ocasión teñamos máis sorte.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%