AD

Comarca

O PP denuncia que o goberno local pagou máis de 4M€ de facturas con reparos de Intervención

today15 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Ángel Rodríguez Conde cualifica de “escándalo” a “utilización indiscriminada” por parte do alcalde, Anxo Rei, dos decretos para levantar os reparos suspensivos e “saltarse a fiscalización da Intervención no pago irregular de máis de 1.580 facturas”
  • “Esta mala praxe continuada está a supoñer unha merma importante para as arcas municipais, xa que na maioría dos casos non hai concorrencia competitiva nin publicidade na contratación deses servizos”, advirte o voceiro popular
  • Entre as facturas reparadas de xeito recurrente figuran as correspondentes a servizos de reparación do alumeado, bacheos, limpeza viaria, xardinaría ou mesmo o gabinete de comunicación

Padrón, 15 de setembro de 2025. O Partido Popular de Padrón denuncia publicamente que o goberno socialista liderado por Anxo Rei Arca leva pagados desde o mes de agosto de 2023 ata o pasado mes de xullo máis de catro millóns de euros de facturas con reparos suspensivos de Intervención por carecer eses expedientes de “requisitos e trámites esenciais”.

Así se pode constatar nas sucesivas actas da Xunta de Goberno Local, que demostran que entre agosto e decembro de 2023, Anxo Rei levantou reparos suspensivos de Intervención para pagar máis de 678.000 euros correspondentes a 271 facturas. Xa en todo o ano 2024, a contía pagada ascendeu a máis de 2.385.000 euros correspondentes a 880 facturas reparadas e, entre os meses de xaneiro e xullo do presente exercicio, a cantidade pagada superou os 990.000 euros, correspondentes a 430 facturas con reparos de Intervención.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ángel Rodríguez Conde, considera que esta “utilización indiscriminada” por parte do alcalde dos decretos para levantar os reparos suspensivos da Intervención é “un auténtico escándalo”, porque “lévanse pagados máis de catro millóns de euros de forma irregular, co único criterio dunha sinatura do alcalde para saltarse a fiscalización do interventor no pago de máis de 1.580 facturas”.

Para Rodríguez Conde, “esta mala praxe continuada está a supoñer unha merma importante para as arcas municipais, xa que na maioría dos casos non hai concorrencia competitiva nin publicidade na contratación deses servizos”. Ao respecto, precisa que entre as facturas reparadas de xeito recurrente polo interventor figuran as correspondentes a servizos de reparación do alumeado, bacheos, limpeza viaria, xardinaría ou incluso o gabinete de comunicación.

“Xa nos parece o colmo que o provedor que utiliza o alcalde como ferramenta de propaganda persoal estea a prestar os seus servizos sen axustarse aos procedementos establecidos
por lei”, comenta o voceiro popular, que salienta que no que vai de 2025 dita empresa percibiu máis de 25.000 euros correspondentes a 11 facturas reparadas polo interventor. “Unha contía que, obviamente, supera o importe dun contrato menor”, salienta.

“Este escándalo das facturas reparadas evidencian que a xestión municipal non é tan boa como o alcalde se empeña en difundir. De feito, na área de Contratación seguen atascados diferentes contratos caducados, por non falar do sospeitoso silencio sobre a situación da licitación da rehabilitación da escola infantil”, afirma Rodríguez Conde.

“Seguimos a estudar toda a documentación das facturas reparadas por Intervención para avaliar se o goberno local está a incurrir en ilegalidades como o fraccionamento de contratos”, conclúe o voceiro popular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *