Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 octubre, 2025
• “Consideramos -remarcou Olaya Otero- que estas declaracións supoñen unha gravísima falta de respecto cara a unha muller que loita pola liberdade e a democracia real no seu país e que pon en risco a súa propia seguridade, para defender a liberdade de expresión das venezolanas e venezolanos”.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, pediulle hoxe a Goretti Sanmartín que condene as palabras da deputada nacionalista Montse Prado, quen tildou de fascista á nova premio Nobel de Paz, María Corina Machado. A popular destacou que, “dende o PP de Santiago condenamos rotundamente este tipo de comportamentos, impropios de alguén que forma parte dunha institución que debe ser exemplo de respecto e convivencia democrática”.
“Consideramos -remarcou a popular- que estas declaracións representan unha gravísima falta de respecto cara a unha muller que loita de xeito incansable pola liberdade e a democracia real no seu país e que pon en risco a súa propia seguridade, co fin de defender a liberdade de expresión das venezolanas e venezolanos”.
Otero explicou que “nós preguntámonos se aos nacionalistas non lle parecen motivos suficientes para que Machado sexa recoñecida cun galardón desta categoría e cal é a opinión do BNG de Santiago?, tamén a veciñanza debería coñecer se a Goretti Sanmartín lle parece normal o comportamento da súa compañeira no Parlamento?”.
“Que María Corina Machado sexa a galardoada é unha excelente noticia, non só para os venezolanos, senón para calquera persoa que se considere demócrata, polo que -agregou- o acontecido na Cámara galega é de extrema gravidade, algo que nos desgusta aínda que non nos sorprende, xa que non é a primeira vez que o BNG recorre a descalificacións e faltas de respecto, cando algo non é do seu agrado”.
“Vai a alcaldesa dunha cidade que é capital mundial da concordia, símbolo dos valores universais e dos dereitos humanos, estar á altura do seu cargo e condenar este tipo de faltas de respecto?, ou, como vén sendo habitual, optará por gardar silencio “cómplice” ante o sectarismo, a intolerancia e a violencia verbal da súa formación?”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)