AD

Actualidad

O PP pide que o BNG e Sanmartín paguen as multas polos carteis de Galiza Nova

today15 julio, 2025

Fondo
share close
AD

• De la Fuente cualificou de “asombroso e inadmisible” que a propia alcaldesa, tras confirmar a súa asistencia como representante institucional da cidade, renunciase a acudir en menos de 24 horas. Temos dereito a coñecer qué presións recibiu para ese cambio de postura; queremos saber quen manda realmente en Santiago: Goretti Sanmartín ou Néstor Rego”.

• “Gobernar Santiago esixe un nivel de tolerancia, talante, respecto institucional e educación que a alcaldesa demostrou non ter”, afirmou.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, criticou a actitude da alcaldesa Goretti Sanmartín tras a súa decisión de non asistir ao acto institucional de entrega da Medalla de Galicia á Princesa de Asturias, celebrado onte na cidade.

De la Fuente cualificou de “asombroso e inadmisible” que a propia alcaldesa, tras confirmar a súa asistencia como representante institucional da cidade, renunciase a acudir en menos de 24 horas, “deixando baleira a cadeira de Santiago nun acto que simboliza o respecto ás nosas institucións e á propia cidade”.

O edil popular denunciou que a decisión de Goretti Sanmartín foi tomada baixo a presión da ala máis radical do seu partido, que, ao seu xuízo, “lle dobrou o pulso e a obrigou a desdicirse, antepoñendo os intereses partidistas aos da cidadanía”.

Así mesmo, lembrou que o BNG e o seu entorno promoveron un escrache contra a presenza da Princesa de Asturias, e denunciou que “resulta intolerable que un partido de goberno convoque e incite a protestas contra un acto institucional da Comunidade Autónoma”.

“Temos dereito a coñecer qué presións recibiu para ese cambio de postura; queremos saber quen manda realmente en Santiago: Goretti Sanmartín ou Néstor Rego. O que quedou claro é que temos unha alcaldesa coa vontade secuestrada polos sectores máis extremistas da súa formación”, afirmou De la Fuente.

“Gobernar Santiago esixe un nivel de tolerancia, talante, respecto institucional e educación que a alcaldesa demostrou non ter”, afirmou.

De la Fuente lamentou que a alcaldesa “non estea á altura do que Santiago representa” e denunciou que “lle queda grande a responsabilidade de gobernar esta cidade”. Acusou ademais ao goberno local de actuar “só para contentar aos máis radicais do seu partido”, no canto de “gobernar para todos os composteláns”.

Na súa intervención, o concelleiro popular tamén reprochou que BNG, CIG e Galiza Nova “ensuciaran as rúas con carteis ofensivos”, mentres “a propia alcaldesa, co seu comportamento, ensuciaba a imaxe institucional de Santiago”.

“Non é a imaxe de Santiago que queremos”, dicía hai pouco a propia alcaldesa, pero os seus radicais empapelan a cidade ante o seu silencio cómplice”, lamentou o edil popular.

Así, preguntou, “Vaise multar a alcaldesa a si mesma?” . E pediu explicacións sobre se se “ordenou xa iniciar os expedientes sancionadores por ensuciar a cidade. Incumpriron a ordenanza e os autores son perfectamente identificables, os carteis levan o seu logo”, sinalou.

“Supoñemos -destacou De la Fuente- que será a propia alcaldesa e o BNG os que paguen esas multas”.

Finalmente, o concelleiro popular esixiu responsabilidades tamén ao PSOE e aos non adscritos, que fixeron posible o goberno do BNG en Santiago. “Goretti Sanmartín é alcaldesa porque o 17 de xuño de 2023 o PSOE e os non adscritos a puxeron na alcaldía. Se permiten esta deixación de funcións, son tan responsables coma ela de que Santiago non estea sendo representada coa dignidade e o respecto institucional que merece”.

“Se non pode resistir a presión interna, se non é quen de facer valer as súas obrigas como alcaldesa, se non antepón os intereses da cidade aos do seu partido, debe dimitir”, concluíu De la Fuente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *