Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 marzo, 2024
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, manifestou que, neste momento, o apoio ao comercio local, debe ter presente os novos desafíos aos que ten que facer fronte o sector, posto que, a realidade comercial de hoxe en día, é moi diferente da que existía hai 10 ou 20 anos. A popular explica que “hai que establecer novas ferramentas que axuden neste avance, por iso, propoñemos a creación dunha plataforma que conecte aos consumidores de Santiago cos negocios asentados no Concello”.
“Esta aplicación debe contar co apoio da Administración local que ten que liderar a transformación do desafío dixital, creando unha oportunidade que facilite a convivencia entre as compras físicas e as compras en liña, xa que ignorar a realidade tecnolóxica e os cambios nos hábitos de consumo, non é a mellor opción para a viabilidade dos negocios da cidade”, explicou.
Na actualidade, subliña Otero, “na Praza de Abastos existe o que sería un pequeno exemplo desta idea xa que, dende hai tempo, os establecementos do mercado contan co Commarket, unha plataforma común a todos os praceiros, que lles ofrece a posibilidade realizar online a venda dos seus produtos”.
O cambio nos hábitos de consumo fíxose, a raíz da pandemia, moito mais evidente e as compras a través de internet son unha realidade consolidada da que, cada vez, fan uso mais persoas.
Así, remarca a popular, “si algo quedou demostrado tamén durante a crise da Covid-19, foi a capacidade da resiliencia dos comerciantes composteláns, que superaron o desafío que representa para o comercio tradicional e de proximidade o novo entorno dixital, agora é momento de volver a facer uso de dita capacidade e converter o que, en ocasións se ve como unha ameaza, nunha oportunidade para xerar negocio”.
Axudar, dende o Concello, a crear esta plataforma, permitiría poñer a disposición do tecido comercial, unha ferramenta estratéxica para a súa promoción e para o fortalecemento da relación comercio e consumidores locais, especialmente coa mocidade. Servindo tamén de escaparate para promocionar os seus produtos e eventos ou feiras do sector.
Escrito por Líder Redacción
app comercio compostela online pp radio lider santiago santiago vendas
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)