AD

Actualidad

O programa Concilia Verán de Padrón oferta máis prazas e amplía o seu horario

today27 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • O goberno local renovou este servizo co obxectivo de facilitar a vida laboral e familiar das familias
  • En total ofrécense 55 prazas do 1 ao 31 de xullo de 8.00 a 15.00 horas
  • O prazo de inscrición estará aberto do luns 10 ao venres 14 de xuño

Padrón. 27-05-2024.- O Concello de Padrón, a través da concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova e renovada edición do programa Concilia Verán no que se amplía o horario e as prazas do servizo co obxectivo de dar unha resposta real ás necesidades de conciliación das familias. Ademais, amplíase a oferta de ocio para a cativada incluíndo a «noitada» (cunha noite durmindo fóra da casa), a festa holi (unha festa alegre e de convivencia con polvos de cores) e máis actividades ao aire libre como excursións á praia e á piscina.

A inscrición estará aberta do luns 10 ao venres 14 de xuño. Toda o proceso se levará a cabo de xeito presencial incluída a recollida de formularios coa información de pago no edificio de Servizos Sociais do Concello situado na praza Manuel Rodríguez Cobián.

O programa Concilia Verán 2024 está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e levarase a cabo en dúas quendas: a primeira do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 31 de xullo, cada unha cun custo de 60 euros. En total ofértanse 55 prazas, 10 máis que nas pasadas edicións.

As actividades do programa desenvolveranse nas instalacións do CEIP Flavia. Neste 2024 as propostas de lecer para a cativada comezarán ás 8.00 horas, en vez das 9.00 como era habitual, e concluirán unha hora despois de como era costume en anteriores edicións: ás 15.00 horas en lugar das 13.00. Deste xeito ofrécense dúas horas máis de servizo co obxectivo de facilitar e promover a vida laboral e familiar dos proxenitores ou titores.

Para máis información, as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Servizos Sociais de Padrón ou chamar aos teléfonos 981 81 70 25 e 653 31 16 09, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%