AD

Actualidad

O programa electoral do PPdeG avanza nos eidos deportivo e da cooperación

today5 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

O equipo redactor destaca a aposta firme polo fomento do deporte en todos os tramos de idade e por ampliar a cooperación no exterior a novos escenarios

5 de xaneiro de 2024. O equipo redactor do programa electoral do PPdeG, coordinado por Valentín García, mantivo reunións esta semana con diferentes colectivos sociais relacionados co ámbito deportivo e da cooperación, co fin de extraer propostas e medidas e consensuar aspectos para incluír no documento que están a elaborar cara as próximas eleccións autonómicas.

Nestas reunións fíxose referencia ao papel relevante que terá o deporte no programa que preparan os populares, non só cunha aposta especial cara ao deporte de base, federado ou escolar, senón tamén para fomentar a práctica deportiva habitual en todos os tramos de idade. Deste xeito, búscase mellorar a saúde e a calidade de vida dos galegos e galegas.

Ademais, os populares galegos comprométense a que Galicia, que conta cada vez cun maior número de deportistas de alto nivel, reforce o seu posicionamento como lugar de orixe destes deportistas, que compiten nas máis altas categorías, chegando incluso á modalidade olímpica.

Así mesmo, o equipo redactor recolleu o compromiso da optimización e reforzo dos investimentos en infraestruturas deportivas, un plan que estruture o ámbito laboral e formativo dos adestradores deportivos e articular a maneira para que poidan poñerse á disposición da cidadanía as instalacións que dependen dos centros educativos, fóra do horario lectivo.

REUNIÓN COA COORDINADORA GALEGA DE ONGD

No respecto á cooperación galega, os populares galegos reuníronse coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, coa que constataron o avance que supuxo o Plan director da cooperación galega da Xunta, e comprometéronse a continualo desde o acordo social e político.

Tamén acordaron seguir traballando en medidas contra a desigualdade de xénero ou as novas necesidades creadas polo impacto climático, a xestión da auga e a cooperación pesqueira en relación cos países da lusofoní; ampliando a cooperación a novos escenarios, como unha forma tamén de proxectar Galicia no exterior.

Ademais destas reunións, os galegos e galegas están chamados a participar e facer aportacións, suxerencias ou manifestar as súas inquedanzas na páxina web rueda.gal que o equipo habilitou para facer un programa participativo, de amplo espectro social e apegado á terra e á xente.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%