Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 enero, 2024
O equipo redactor destaca a aposta firme polo fomento do deporte en todos os tramos de idade e por ampliar a cooperación no exterior a novos escenarios
5 de xaneiro de 2024. O equipo redactor do programa electoral do PPdeG, coordinado por Valentín García, mantivo reunións esta semana con diferentes colectivos sociais relacionados co ámbito deportivo e da cooperación, co fin de extraer propostas e medidas e consensuar aspectos para incluír no documento que están a elaborar cara as próximas eleccións autonómicas.
Nestas reunións fíxose referencia ao papel relevante que terá o deporte no programa que preparan os populares, non só cunha aposta especial cara ao deporte de base, federado ou escolar, senón tamén para fomentar a práctica deportiva habitual en todos os tramos de idade. Deste xeito, búscase mellorar a saúde e a calidade de vida dos galegos e galegas.
Ademais, os populares galegos comprométense a que Galicia, que conta cada vez cun maior número de deportistas de alto nivel, reforce o seu posicionamento como lugar de orixe destes deportistas, que compiten nas máis altas categorías, chegando incluso á modalidade olímpica.
Así mesmo, o equipo redactor recolleu o compromiso da optimización e reforzo dos investimentos en infraestruturas deportivas, un plan que estruture o ámbito laboral e formativo dos adestradores deportivos e articular a maneira para que poidan poñerse á disposición da cidadanía as instalacións que dependen dos centros educativos, fóra do horario lectivo.
REUNIÓN COA COORDINADORA GALEGA DE ONGD
No respecto á cooperación galega, os populares galegos reuníronse coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, coa que constataron o avance que supuxo o Plan director da cooperación galega da Xunta, e comprometéronse a continualo desde o acordo social e político.
Tamén acordaron seguir traballando en medidas contra a desigualdade de xénero ou as novas necesidades creadas polo impacto climático, a xestión da auga e a cooperación pesqueira en relación cos países da lusofoní; ampliando a cooperación a novos escenarios, como unha forma tamén de proxectar Galicia no exterior.
Ademais destas reunións, os galegos e galegas están chamados a participar e facer aportacións, suxerencias ou manifestar as súas inquedanzas na páxina web rueda.gal que o equipo habilitou para facer un programa participativo, de amplo espectro social e apegado á terra e á xente.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)