Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 febrero, 2026
Bouza denuncia que a Xunta de Rueda non está a garantir a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo e acusa ao Goberno galego de aplicar un novo recorte asistencial que afecta directamente ás familias con menores.
O deputado autonómico e secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reclamará no Parlamento que se restitúa a atención diaria e que se garanta unha cobertura estable e continuada da asistencia sanitaria infantil.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026. O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, anunciou que o PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia a restitución inmediata da atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo, ante a falta de garantía dunha atención diaria continuada neste servizo.
Bouza advertiu de que a atención pediátrica non está a prestarse de maneira diaria con normalidade no centro de saúde de Conxo, unha situación que afecta directamente ás familias con menores adscritos a este centro e que supón unha redución da asistencia sanitaria dispoñible. Ao seu xuízo, trátase dunha medida que “o que fai é atacar a sanidade pública en Santiago de Compostela”.
O dirixente socialista avanzou que, “dende o Partido Socialista”, esixirán que “se restitúa de maneira inmediata a atención pediátrica no Centro de Saúde de Conxo”, así como que se garanta unha cobertura estable para as nenas e nenos adscritos a este centro.
Bouza subliñou que a falta de substitucións non pode derivar en recortes asistenciais nin en desprazamentos forzosos das familias a outros centros sanitarios, xa que estas “merecen ter unha atención de calidade” e “non ter que desprazarse a outros centros”, nun sistema público que conta con “excelentes profesionais”.
Neste sentido, lembrou que cando se produce unha baixa “se ten que suplir por parte do goberno galego” e adoptar “as medidas necesarias” para que a dotación sexa suficiente e a atención “poda ter unha calidade óptima”, evitando así que se produza “un recorte dos servicios nos centros de saúde”.
Finalmente, Bouza reclamou ao presidente da Xunta unha resposta inmediata ante esta situación e pediulle que non ignore as demandas das familias. O deputado socialista esixiulle ao “señor Rueda que non mire para outro lado”, que “non castigue ás familias que necesitan esa atención pediátrica” e que “restitúa de maneira inmediata esa atención diaria neste centro”, garantindo “unha sanidade pública de calidade”.
Escrito por Líder Redacción
conxo pedriatra politica psdg-psoe sanidade Santiago de Compostela


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)