AD

Comarca

O PSdeG alerta do «interese desmedido» da Xunta por Altri e do «escurantismo total» do proxecto

today17 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • Lara Méndez advirte que a Xunta aprobou a Declaración de Impacto Ambiental en contra das directrices e preceptos da UE

Arzúa, 16 de marzo de 2025. A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, alertou hoxe fronte ao “interese desmedido” da Xunta por levar adiante a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei en contra dos requisitos medioambientais, sociais e económicos. Méndez participou na concentración en contra do proxecto da multinacional portuguesa que tivo lugar hoxe en Arzúa, onde criticou o “escurantismo total” co que o goberno galego está a envolver o proxecto.

A responsable socialista sinalou a falla de información ofrecida polo goberno galego respecto deste proxecto “dende o minuto cero”, como demostra que o que ía ser unha planta téxtil “agora é unha macrocelulosa”. Ademais, engadiu, unha iniciativa industrial que orixinalmente suporía a creación de 2.500 postos de traballos “cada día baixa o número de ocupados” previstos ata apenas uns centos.

Apuntou que esta iniciativa incumpre os requisitos medioambientais, sociais e económicos, logo de que a Xunta dera o visto bo a unha Declaración de Impacto Ambiental -DIA- “chea de condicionantes” e que contradí as directrices e preceptos comunitarios, o que pon en dúbida que vai cumprir coas garantías medioambientais.

Lara Méndez sinalou ademais á “contestación social moi importante” que está a espertar este proxecto en toda Galicia, con numerosas concentracións multitudinarias en tódolos concellos afectados. Finalmente, advertiu que os 250 millóns de euros de axudas que require este proxecto supoñen o 25 por cento do total do proxecto, o que provoca dúbidas razoables sobre a súa viabilidade económica.

Méndez participou na concentración convocada pola Plataforma Ulloa Viva no concello de Arzúa xunto co secretario provincial do PSdeG da Coruña, Bernardo Fernández, e a segunda tenente de alcalde do concello, a socialista Begoña Balado. A continuación realizaron un percorrido polas casetas da 50 edición da Feira do Queixo de Arzúa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *