AD

Actualidad

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín

today12 marzo, 2026

Fondo
share close
AD
  • Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade.
  • A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras o desprendemento producido a mediados de xaneiro na intersección da rúa Berlín coa rúa Lisboa, cando as intensas chuvias provocaron a caída á vía pública de terra, pedras e materia vexetal procedentes da ladeira da rúa Berlín, afectando á beirarrúa e á calzada da rúa Lisboa.

Abal lembrou que, pese ao aparatoso do incidente, non houbo danos materiais nin persoais e que naquel momento se retiraron os restos e se instalou un valado como medida provisional. Con todo, advertiu de que dous meses despois “o goberno local segue sen facer nada”.

A concelleira socialista mostrou a súa preocupación porque as medidas adoptadas ata o momento resultan “claramente insuficientes”: seguen producíndose desprendementos de pedras e terra e os vehículos continúan aparcando na zona, polo que non se está a garantir a seguridade das persoas nin dos vehículos.

Neste sentido, Abal cuestionou a pasividade do goberno de Goretti Sanmartín e preguntou “que ten que pasar para que o goberno tome medidas”, advertindo de que a situación actual supón un risco evidente para peóns e vehículos.

Por iso, desde o Grupo Municipal Socialista esixen que se actúe de maneira inmediata reforzando e mellorando as medidas preventivas existentes e adoptando as actuacións necesarias para evitar novos desprendementos, garantindo así a seguridade na contorna da rúa Lisboa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *