Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 abril, 2026
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026. O Grupo Municipal Socialista defendeu no último pleno unha moción para mellorar o estado das instalacións do campo de fútbol da Merced, en Conxo, unha iniciativa que foi aprobada.
A concelleira socialista, Marta Abal, advertiu de que se trata dun espazo “clave para o deporte base en Santiago”, utilizado a diario por centos de rapaces e rapazas, pero que na actualidade “non está nas condicións que merece”.
A concelleira denunciou que as instalacións levan tempo acumulando deficiencias, con “vestiarios con problemas, falta de condicións axeitadas, unha iluminación que xa deu incidencias e un terreo de xogo deteriorado”.
Neste sentido, alertou de que a situación do campo pode chegar a supoñer “un risco” para as persoas usuarias, especialmente tendo en conta o seu uso intensivo e subliñou que non se trata dun problema puntual, senón da consecuencia dunha “falta de mantemento continuada no tempo” nun equipamento fundamental para a cidade.
Por iso, o Grupo Municipal Socialista reclamou unha actuación decidida por parte do Goberno municipal, que pase por “resolver as urxencias e planificar dunha vez unha renovación integral das instalacións”. “Porque apostar polo deporte base non é só dicilo, é garantir que os rapaces e rapazas teñan espazos seguros e dignos onde practicar deporte”, afirmou a socialista.
Por último, Abal advertiu de dende as filas socialistas farán seguimento desta cuestión para que a mellora das instalacións do campo da Merced “se traduza en feitos e non quede nunha nova promesa incumprida”.
Escrito por Líder Redacción
campo de futbol campo de futbol da merce conxo denuncia deportes politica Santiago de Compostela



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)