AD

Actualidad

O PSOE anuncia a abstención para a ordenanza de regulación das VUT

today21 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza, insiste en que esta ordenanza provocaría unha “dispersión normativa” e defende que a alcaldesa podería resolver esta cuestión con unha instrución

Recoñece estar de acordo no fondo “porque é a reiteración do que está no PXOM” pero afea as formas ao executivo local: “faltou transparencia e diálogo”

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024.- O PSOE anunciou este venres a abstención ao borrador de ordenanza para a regulación das Vivendas de Uso Turístico (VUT) que o goberno local someterá a consideración plenaria o vindeiro luns nun pleno extraordinario. O encargado de anunciar a posición do partido foi o seu secretario xeral en Santiago, Aitor Bouza, quen cargou contra a alcaldesa polas “formas” a pesar de deixar claro que están de acordo co fondo da norma, toda vez que “é unha reiteración do que está no PXOM” que os propios socialistas modificaron en febreiro de 2023 para poñer coto á proliferación das VUT na cidade.

Bouza centra as súas críticas en que a ordenanza deixe fora os usos preexistentes: as vivendas de uso turístico que operaban con anterioridade á modificación do Plan Xeral sen habilitación municipal. Insiste en que este foi un compromiso da propia alcaldesa, abordar esta cues mtión, e lembra que mesmo aparece recollida esta cuestión na propia modificación do plan.

“Nós seríamos absolutamente incongruentes se ratificamos unha ordenanza que sabemos que non é precisa pero que, aparte, vai en contra do propio PXOM”, afirma Bouza que cualifica o borrador de ordenanza que manexa o goberno local de unha “reiteración improcedente e inútil”. Insiste en que o texto se limita a replicar o explicitado na propia modificación do plan ao tempo que “falta ao compromiso que alcanzou a alcaldesa coas persoas”.

“O único que ruña que facer, regular os preexistentes, non o fai”

Aitor Bouza recalca que o borrador de ordenanza é un documento que “non lle da ningunha solución á veciñanza” e que, ademais, non aborda “o único que tiña que facer”: regular os usos preexistentes. Neste sentido, explica que o goberno local podería dar unha solución máis “áxil” a esta cuestión que reduce a un mero “trámite administrativo”.

E é que o borrador de ordenanza en cuestión o único que fai é regular os requisitos que debe cumprir calquera particular para realizar a comunicación previa que o habilite para destinar unha vivenda que, con carácter xeral, opera no alugueiro convencional, ao uso turístico.

Así, Bouza, propón que a alcaldesa puidera emitir unha instrución “validando o procedemento para que as persoas poidan acollerse á modalidade dos 60 días” en lugar de impulsar unha ordenanza que, ao seu xuízo, “provoca un caos e unha dispersión normativa”.

Pon ademais como exemplo a instrución que xa se dera por parte do goberno local aos servizos urbanísticos para realizar inspeccións nos diferentes locais de ocio nocturno.

Nun limbo legal

En relación ás vivendas que operaban con anterioridade á modificación do Plan Xeral no mercado turístico, Bouza explica que quedan “nun limbo fora da regulación”. Así, acusa ao goberno local de incumprir o artigo que inclúe na ordenanza esa posibilidade.

Lembra o secretario xeral dos socialistas en Santiago que hai xa 15 días, cando se fixo público o borrador de ordenanza no que traballaba o goberno local, “xa solicitáramos o borrador de ordenanza que someteu o goberno local inicialmente a consideración da asesoría xurídica e que tivo informe negativo”. Refírese a un primeiro texto no que o bipartio incluía a regulación das preexistentes pero que, segundo o propio goberno local, foi desbotado pola asesoría xurídica do Concello.

“Por que non se da a coñecer ese informe xurídico e ese borrador de ordenanza?” preguntouse Bouza que acusa a Sanmartín de “opacidade”: “ocultando esa información exclúen a nosa labor de oposición e fiscalización ao goberno”. Así as cousas, crítica que a propia alcaldesa “non fixo nada porque puideramos chegar a un entendemento” e desliza que poida retirar este punto do pleno extraordinario convocado para o luns.

“Preténdese facer que se fai”

“Non imos validar calquera forma de facer política cando estamos faltándolle a palabra ás persoas afectadas”, asegura Bouza logo de que a Comisión Executiva Municipal reunida o pasado xoves decidira por unanimidade optar pola abstención na votación de esta ordenanza que, asegura, só ten como obxectivo “facer que se fai”.

Reitera así que existen outras vías para abordar a regulación da comunicación previa sen pasar por unha ordenanza que exclúe o asunto dos usos preexistentes. Propón, por exemplo que se “aprobe un novo modelo como anexo á ordenanza xa existente de comunicacións previas”. Así mesmo, xustifica que non se opte polo voto en contra toda vez que “o fondo da cuestión é a reiteración do que está no PXOM, a nosa mesma regulación”: “unha reiteración que non ten que plasmarse nunha ordenanza”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%