Listeners:
Top listeners:
 play_arrow
		play_arrow
		Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 octubre, 2025
 
		
A Deputación da Coruña ofrece a Ordes unha oportunidade histórica: levantar unha residencia de vangarda, con apartamentos individuais, zonas verdes, espazos amplos e áreas de convivencia e lecer, asumindo de forma voluntaria unha competencia que correspondería á Xunta de Galicia. Porén, o goberno municipal do Partido Popular rexeitou a moción socialista e opta destinar os terreos anexos á residencia co obxectivo de ampliar a infraestrutura existente. “Con esta decisión, o PP renuncia a avanzar e escolle perpetuar un modelo asistencial caduco, baseado en habitacións compartidas e sen zonas verdes nin espazos dignos de convivencia”, advertiu Rivadas.
Desde o grupo socialista consideran “incomprensible” que o Concello rexeite un proxecto moderno, financiado por outra administración e pensado para situar Ordes como referente en coidados ás persoas maiores. “A Deputación está a facer o que debería facer a Xunta, e o Concello, no canto de aproveitar esa oportunidade, prefire seguir ancorado no pasado”, engadiu a concelleira.
A moción socialista propón destinar os terreos recentemente adquiridos xunto á residencia actual á creación dun espazo verde e de lecer, que sirva para mellorar as condicións das persoas usuarias actuais, mentres se buscan novos terreos adecuados para construír a nova residencia de vangarda proposta pola Deputación da Coruña.
“O noso obxectivo é garantir un futuro digno e humano para as persoas maiores de Ordes. Temos ao noso alcance unha residencia do futuro, e o PP está escollendo a do pasado”, subliñou Rivadas.
O PSdeG-PSOE insta o goberno municipal a rectificar e sumarse ao proxecto da Deputación, “en lugar de poñer paus nas rodas e manter un modelo superado que non responde ás necesidades reais da veciñanza”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)