AD

Actualidad

O PSOE de Santiago critica a “lentitude” do BNG para cubrir as prazas vacantes no Parque de Bombeiros

today28 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Marta Abal advertiu de que o atraso na convocatoria dos procesos selectivos está a agravar a falta de efectivos no Parque de Bombeiros, e insta ao Goberno local a adoptar medidas urxentes antes de final de ano.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista advertiu da “falta de efectivos no Parque de Bombeiros”, unha situación que, segundo denunciou a concelleira socialista Marta Abal, se ve agravada “pola lentitude do Goberno local en activar os procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes”.

Abal lembrou que “séguense sen convocar doce prazas de bombeiros correspondentes ás ofertas de 2023 e de 2025” e que, ademais, “está paralizada a lista de agarda para a cobertura de xeito interino das vacantes de bombeiro condutor”.

Segundo explicou, a última información dispoñible sobre estes procesos “é de xuño de 2025”, polo que o grupo socialista reclama avances urxentes. “Para o Grupo Municipal Socialista o impulso dos procesos selectivos é algo esencial para o bo funcionamento do Concello”, sinalou a concelleira.

Nese sentido, Abal instou o Goberno local a que “antes de final de ano se proceda á convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura das doce prazas vacantes correspondentes ao Corpo de Bombeiros” e a que “antes de que finalice o mes de novembro se aprobe de xeito definitivo a lista de agarda para a cobertura das vacantes do Servizo de Bombeiros que sexa posible cubrir de xeito interino”.

A concelleira socialista subliñou que estas medidas permitirían “cando menos, paliar de xeito inmediato o déficit existente no Parque”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *