AD

Actualidad

O PSOE esixe iniciar os trámites para declarar Santiago como zona de mercado tensionado

today4 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • “Os alugueres son inasumibles para calquera familia e o estudantado de Compostela necesita medidas para a limitación dos seus prezos como o que permite a zona tensionada”, asegura Aitor Bouza, secretario xeral do PSdeG local

Santiago, 4 de xullo de 2024. As e os socialistas de Santiago de Compostela esixen ao goberno municipal de Goretti Sanmartín “que constitúa de forma urxente a mesa sectorial e elabore toda a documentación necesaria” para pedirlle á Xunta a declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado.

“Esta mesma semana, todos somos testemuñas de que os alugueres son inasumibles para as e os estudantes, é unha situación desoladora, por iso levamos meses traballando para que se limiten os prezos”, asegura Aitor Bouza, secretario xeral do PSdeG de Santiago.

“Xa o pedimos o 29 de xaneiro, levando unha proposición que se aprobou por maioría no pleno municipal”, lembra Bouza. Desde entón, “as e os socialistas de Compostela levamos reivindicando ao goberno municipal a necesidade de que se fagan con urxencia os traballos necesarios e obrigatorios por lei” para que se poida solicitar á Xunta a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado.

“Tras estes meses agardando pola constitución da mesa sectorial requirida na lei galega por parte do Concello de Santiago, atopámonos hoxe con que seguen sen facerse e darse os pasos necesarios para poder avanzar na limitación dos prezos dos alugueres en Compostela”, sostén o secretario xeral local.

Ademais dos problemas dos estudantes, hai moitas familias que desexan seguir vivindo na cidade e se ven abocadas a ter que marchar a outros concellos polos elevados custos dos alugueres.

Por outra parte, os socialistas lembran que a Xunta de Galicia rematou o ano 2023 deixando o 50% dos fondos do programa correspondente a “acceso a vivenda” sen executar, o que supón máis de 30 millóns que o goberno galego non destinou á finalidade prevista.

“Isto demostra o absoluto desleixo do goberno de Alfonso Rueda en materia de vivenda, as administracións públicas non poden mirar cara o outro lado ante o drama que estamos a vivir actualmente, no que a vivenda se está a converter nun privilexio en vez de, como recolle a nosa propia Constitución, nun dereito”, remata Aitor Bouza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%