AD

Actualidad

O PSOE propón mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras de Santiago a prezos accesibles

today26 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

A proposición socialista, aprobada polo Pleno, permitiría mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras de Santiago, e reclama un censo actualizado e a creación dun programa municipal que as poña en alugueiro a prezos accesibles.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista levou onte ao Pleno municipal unha proposición, para dar resposta á grave situación da vivenda na cidade, marcada polo incremento dos prezos e as dificultades de acceso para a mocidade, estudantes, familias de ingresos medios e colectivos vulnerables. Dita proposición ficou aprobada polo Pleno.

A iniciativa socialista reclama a elaboración, no prazo máximo de seis meses, dun censo actualizado de vivenda baleira que recolla localización, tipoloxía e estado de conservación. Ademais, insta ao Goberno local a estudar a posta en marcha dun programa municipal de mobilización de vivenda baleira, inspirado no modelo Bizigune do Goberno Vasco.

Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, este programa permitiría que a administración local actuase como arrendataria principal, garantindo ao propietario o cobro do alugueiro e poñendo as vivendas a disposición de persoas inscritas no rexistro municipal de demandantes, a prezos accesibles. O proxecto tamén incluiría axudas á rehabilitación e a captación de fondos doutras administracións para asegurar a súa sustentabilidade.

Na súa intervención, Abal cualificou como “alarmante” a situación do alugueiro en Santiago, recalcando a importancia de poñer en marcha políticas públicas ambiciosas que garantan o acceso digno á vivenda a curto, medio e longo prazo.

A concelleira socialista salientou que Santiago non pode permitirse ter máis de 6.000 vivendas baleiras, que representan case o 11% do parque residencial, mentres tantas persoas atopan enormes dificultades para acceder a un fogar digno.

Abal subliñou ademais que o programa proposto polos socialistas ofrece seguridade tanto ás familias que buscan unha vivenda a prezos accesibles como aos propietarios, que teñen a garantía de cobrar sempre o alugueiro e contarán con apoio municipal para rehabilitar inmobles que hoxe permanecen pechados.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *