Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 enero, 2024
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024. O PSOE presentou este luns ás compoñentes da candidatura pola provincia de A Coruña que representan a comarca de Santiago. Unha candidatura que está encabezada na provincia por Patricia Iglesias e da que forman parte tamén como número 4 o Secretario Xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, María Outeiral (Boiro) de número 7 e Isabel Gómez (Santiago) como número 9. “O mellor equipo para facer o mellor goberno” recalcou Bouza que puxo en valor ademais a incorporación de Iglesias como independente como “mostra de que o Partido Socialista está captando o talento da sociedade”.
Un encontro coa prensa no que os socialistas presentaron ademais un “plan de choque” en materia de vivenda para impulsar a promoción pública e planificar a rehabilitación do parque de vivenda baleira. Así, propoñen a construción de 2.500 vivendas sociais ao ano destinándoas tanto a compra como alugueiro, así como a proxección dun plan de rehabilitación das vivendas baleiras en coordinación cos concellos.
Iglesias recalca ademais as posibilidades da lei de vivenda impulsada polo goberno de Pedro Sánchez coa posibilidade de regular zonas tensionadas e poñer coto ao incremento dos prezos de alugueiro, aínda que abronca ao goberno de Alfonso Rueda acusándoos de inacción: “nós somos o único proxecto progresista para instrumentalizar estas medidas que nos ofrece o goberno central” asegura a cabeza de lista da Coruña.
Alerta ademais de que, en moitas ocasións “máis da metade dos ingresos das familias vaise ao alugueiro ou ao pago dunha vivenda”. Tamén Aitor Bouza recalcou a necesidade de “poñer enriba da mesa solucións a unha cuestión que é piar fundamental do estado de benestar fronte a inacción da Xunta de Galicia”.
7 de cada 10 euros en vivenda sen executar pola Xunta
“O panorama é desolador” asegura botando man dos datos que apuntan que o 85% das mozas e mozos de Galicia de entre 16 e 29 anos non se poden independizar. Sinala o secretario xeral dos socialistas composteláns que, fronte a esta realidade, “no exercicio pechado do 2022, 7 de cada 10 euros en vivenda quedaron sen executar” do orzamentado pola Xunta de Galicia.
Segundo as súas contas, desde o 2010 foron 470 millóns de euros os que a Xunta deixou sen executar: “se se fixera política, a día de hoxe poderíamos ter 4.700 vivendas máis” explicou Bouza, que ademais acusou ao goberno autonómico de “mentir” á sociedade galega “apropiándose da financiación que puxo en marcha o goberno de España cos bonos de alugueiro”. Denuncia que “apropiarse de algo que non é teu, é men;r á cidadanía, dicir que invistes en vivenda cando non o fas”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)