AD

Actualidad

O PSOE tacha as bases da reforma de Virxe da Cerca como un «capricho» do edil de Urbanismo

today2 octubre, 2024

Background
share close
AD
  • Denuncian a “opacidade” do executivo de Sanmartín no deseño das bases do concurso de ideas que se lanzará próximamente para reformular o tramo entre Virxe da Cerca e Basquiños
  • Reclaman ao goberno local diálogo cos axentes sociais e persoal experto, tamén que aclaren o papel do COAG no concurso, aparentemente circunscrito só para a selección de propostas

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024. Transparencia e participación no proceso de reformulación do tramo entre Virxe da Cerca e Basquiños, é o que demandan desde o Grupo Municipal Socialista logo das dúbidas suscitadas entre veciñanza e praceiros polo concurso de ideas que o executivo de Sanmartín prevé lanzar nas próximas semanas co fin de obter propostas para resolver a mobilidade na zona. Un concurso que, por outra banda, conta cunhas bases moi específicas e que limitan as posibles solucións que os profesionais que opten a dita convocatoria poderían aportar.

Neste sentido, os socialistas, aínda que respaldan a utilización deste instrumento para buscar a mellor solución construtiva a unha transformación que reformulará tamén o Plan Especial neste ámbito, teñen dúbidas sobre o procedemento seguido para deseñar as bases. Denuncian que, a pesar de solicitar reunións co propio concelleiro de Urbanismo, este segue sen facilitarlles a documentación que sustenta as decisións tomadas respecto a esas liñas e obxectivos que enmarcan o concurso.

“As bases do concurso non poden responder a un capricho do concelleiro de Urbanismo” criticou Mercedes Rosón, quen criticou que a “opacidade” coa que se está levando este asunto por parte do edil de Urbanismo, “está xerando máis preocupacións e demasiadas incertezas”. Lembra a edil socialista que o concurso aínda non esta convocado, polo que “aínda temos tempo para facelo ben”.

Nunha comparecencia conxunta, o portavoz dos socialistas en Raxoi, Gonzalo Muíños, subscribiu as palabras da que fóra responsable de Urbanismo durante o pasado mandato. Criticou que as “presas por ocupar un ,tular ou promocionar algún tipo de logro por parte do goberno” están detrás da “mala xestión dos tempos” que está a facer o goberno local con este asunto, “trasladando informacións que, no canto de clarificar as dúbidas que xorden, acrecéntanas e intensifican o descontento xeral da cidade”.

Contemplar o ámbito da Praza de Galicia e a rúa do Hórreo

Os socialistas sinalan ademais que, ante a próxima finalización da concesión de explotación do aparcadoiro de Praza de Galicia, a solución de mobilidade que se queira deseñar para unha das arterias principais da cidade, debera contemplar tamén esa zona: “non ten sentido que se circunscriba só ao tramo que vai desde a rúa da Senra ata Virxe da Cerca e Basquiños, e se obvie a relación con todo o ámbito da Praza de Galicia e a rúa do Hórreo”.

Muíños insiste en aproveitar a oportunidade do concurso de ideas para buscar unha “solución integral en todo este ámbito”.

O papel do COAG

Na rolda de prensa desde mércores, Mercedes Rosón tamén se preguntou polo papel que vai xogar o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no concurso de ideas. Neste sentido, cuestiona que, se o seu papel é só para a selección de propostas, “a súa colaboración só tería sentido para aparentar certo respaldo técnico de todo o proceso”: “estarían a abalar un proceso no que non participaron na súa formulación inicial”, critica.

Así, insisten na súa solicitude de información sobre a documentación e criterios técnicos que sustentan as decisións tomadas ata o de agora, deixando a porta aberta a que tanto o COAG como outras colexios profesionais vencellados á materia poidan facer novasaportacións que permitan mellorar o concurso. Lembran que éste aínda non está convocado e, defende Rosón, “temos tempo para facelo ben e as presas non son boas compañeiras de viaxe”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%