AD

Comarca

O RallyMix celébrase o 2 e 3 de maio en Touro

today29 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O RallyMix celébrase os días 2 e 3 de maio e contará cun percorrido total de 13.400 quilómetros que se percorrerán integramente no concello de Touro.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu a xunta de seguridade que ultimou o operativo que encargado de velar pola seguridade na VIII edición do RallyMix de Touro durante a vindeira fin de semana.

Na xuntanza participaron o alcalde de Touro, Roberto Castro, e o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia, Alberto de la Fuente. Tamén asistiron as persoas responsables da organización da proba, así como representantes de Garda Civil, da Xefatura Provincial de Tráfico, Unidade da Policía Nacional adscrita, Protección Civil e da Federación Galega de Automobilismo.

A subdelegada fixo un chamamento a todas as persoas que asistan “deben respectar a sinalización e cumprir coas indicacións do persoal encargado da seguridade da proba”.

Ademais tamén instou aos espectadores e espectadoras a “manterse sempre dentro dos espazos delimitados para o público. Ese respecto fará posible que todos e todas poidan desfrutar do evento sen incidencias”.

Dese xeito dirixiuse á toda a organización do RallyMix e aos corredores e corredoras que extremen as precaucións para que todo se desenvolva con total seguridade.

O RallyMix de Touro celebrarase os días 2 e 3 de maio, conta con 70 vehículos inscritos nas distintas categorías. O percorrido, que está dividido nunha etapa e en 4 pasadas, terá unha distancia de 13.400 quilómetros que descorrerán integramente no concello de Touro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *