AD

Deportes

O Real Aeroclub de Santiago en Ames acolleu o circuíto sub-14 do Trofeo Conde de Godó de tenis

today17 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Leo Vidaña e Martina Simón foron os gañadores nas súas respectivas categorías, o que lles dará acceso á fase final

Ames foi o representante da provincia da Coruña, nun circuíto composto por Tarragona, Sevilla, Girona, Barcelona, Madrid e Valencia

Ames, 17 de marzo de 2026.- O Real Aeroclub de Santiago acolleu a pasada fin de semana, do 13 ao 15 de marzo, unha das sete probas que conforman o Barcelona Open Banc Sabadell – 73º Torneo Conde de Godó na categoría sub-14, un dos torneos máis prestixiosos do tenis estatal en idade xuvenil. Leo Vidaña e Martina Simón foron os gañadores nas súas respectivas categorías, o que lles dará acceso a disputar á fase final a semana do 11 ao 19 de abril en Barcelona. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, participaron no acto de entrega de premios.

O concello de Ames, a través do Real Aeroclub de Santiago, foi unha das sete sedes que compoñen o Barcelona Open Banc Sabadell – 73º Torneo Conde de Godó – Circuito Nacional Sub-14, xunto coas provincias de Tarragona, Sevilla, Girona, Barcelona, Madrid e Valencia. A pasada fin de semana, do 13 ao 15 de marzo, disputouse esta fase previa nas instalacións de Ames, e cuxos gañadores terán acceso á fase final a semana do 11 ao 19 de abril en Barcelona.

A celebrada en Ames foi a última das fases disputadas antes da gran fase final. Previamente, disputáronse rondas nas cidades de Reus, Sevilla, Girona, Valencia, Mataró e Madrid. O Concello de Ames foi o representante da provincia da Coruña, o que pon en valor a capacidade do municipio para albergar competicións deportivas de alto nivel.

Este torneo está recoñecido como un dos máis prestixiosos do panorama tenístico estatal na categoría xuvenil, polo que durante estas dúas xornadas, as persoas asistentes aos partidos puideron desfrutar do talento e a competitividade dalgunhas das maiores promesas do tenis español. Leo Vidaña, en categoría masculina, e Martina Simón, na feminina, foron os gañadores da proba, polo que terán o premio de avanzar ata a fase final.

O Real Aeroclub de Santiago

O Real Aeroclub de Santiago é un complexo deportivo inaugurado no 2014, que conta cunhas instalacións inmellorables para a práctica deportiva e ten unha gran capacidade para acoller probas e competicións deste calibre. Ademais do tenis, o Real Aeroclub de Santiago tamén acolleu recentemente a Gran Final do III Circuíto de Golf TUR 43 ou o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *