AD

Deportes

O TK Denodo, presente no Campionato de España cadete de taekwondo

today11 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz foron os representantes da delegación amesá na competición estatal

Os prometedores deportistas amesáns formaron parte dunha selección galega que acadou a primeira posición no medalleiro xeral e feminino, e a segunda posición no masculino

Ames, 10 de marzo de 2026.- O club TK Denodo de Bertamiráns está de celebración logo de que tres dos seus deportistas participasen no Campionato de España cadete de taekwondo celebrado en San Vicente del Raspeig (Alicante) os días 28 de febreiro e 1 de marzo. Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz foron os representantes da delegación amesá na competición estatal, na cal Galicia conseguiu a primeira posición no medalleiro xeral e feminino, e a segunda posición no masculino.

Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz, deportistas do TK Denodo de Bertamiráns participaron no Campionato de España cadete de taekwondo celebrado en San Vicente del Raspeig, Alicante. Os prometedores deportistas amesáns formaron parte dunha selección galega que acadou a primeira posición no medalleiro xeral e feminino, e a segunda posición no masculino.

A nivel individual, os resultados foron positivos para o deporte amesán. As mellores novas viñeron da man de Dmytro Kushniruk “Dima”, quen logrou un subcampionato tras unha traballada clasificación á final e un igualado combate polo ouro. Pola súa parte, Jorge Nogueiras foi gañando as roldas previas, mais quedou na quinta posición ás portas da medalla, o cal mellora a súa participación con respecto ao ano pasado, na que foi a súa primeira vez coa selección.

En canto a Xián Paz, o xove deportista debutaba coa selección galega e foi quen de gañar as roldas previas, chegando ata uns merecidos cuartos de final. Finalmente caeu no pase ás medallas loitando ata o final e obtivo, da mesma maneira que o seu compañeiro de equipo e selección Jorge Nogueiras, un máis que traballado quinto posto no seu debut.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *