Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes.
O número de tapas vendidas nesta edición sitúase por riba das 30.000 rexistradas no 2025 e das 25.000 contabilizadas na edición do 2024, que foi a primeira na que se apostou por trasladar o concurso do mes de novembro a febreiro. Deste xeito, Santiago(é)Tapas reafírmase como un evento fundamental para fomentar o consumo durante a temporada baixa, en consonancia co obxectivo municipal de avanzar cara a un modelo turístico máis desestacionalizado.
Entrega de premios
Este luns, 16 de marzo, coñeceremos cales son os dez locais finalistas, así como as tapas gañadoras desta edición. O acto de entrega de premios -con acceso limitado a establecementos participantes así como empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras- celebrarase ás 19:00 h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
Entre todas as tapas que participaron neste XVII Santiago(é)Tapas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional (60%) e do público (40%), tres galardóns principais:
Ademais, outorgaranse varios premios adicionais, elixidos polo xurado profesional:
Durante o acto de entrega de premios do XVII Santiago(é)Tapas tamén se realizará o sorteo dunha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio, entre todas as persoas que votaron polas tapas a través dos códigos QR que se atopaban nos locais participantes.
Organizado e promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o XVII Santiago(é)Tapas ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.
Escrito por Líder Redacción
concurso gastronomia Santiago de Compostela santiago e tapas turismo santiago



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)