AD

Comarca

Obras de mellora de estradas e accesos a aldeas de Frades por máis de 200.000€

today18 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • As máquinas traballan na mellora da seguridade viaria en Añá, no arranxo de dúas pistas en Castiñeiro Redondo (Moar) e O Campo-Vilarxoán (Vitre) e no acondicionamento dos accesos a Outeiro (Papucín) e San Martiño (Frades)

18 de setembro de 2025.- O Concello de Frades está executando nestes días cinco proxectos de obra nas parroquias de Añá, Frades, Moar, Papucín e Vitre que supoñen un investimento de 212.615 euros. Unhas actuacións que combinan a mellora de estradas locais coa construción dunha senda segura para os peóns e o acondicionamento dos accesos a dous núcleos rurais.

O concelleiro de Economía e Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, sinala que “estes máis de 200.000 euros súmanse aos xa executados ao longo do ano, de forma que cando remate este ano 2025 teremos investido máis dun millón de euros en melloras de estradas, pistas e accesos a núcleos de poboación de todas as parroquias”.

Así, nestes días procedeuse ao aglomerado dunha estrada de 1.350 metros da estrada que atravesa a localidade de Castiñeiro Redondo, que comparten Frades e Oroso pois unha parte pertence á parroquia fradense de Moar (915 metros) e a outra á parroquia orosá de Calvente (435 metros). Previamente procedérase ao bacheo da estrada, cuxo firme se atopaba bastante desgastado debido ao abundante tráfico que soporte a diario, tanto rodado como peonil.

Neste intres, resta o pintado de liñas de bordo e a correspondente sinalización horizontal, incluído un sinal de Stop na entrada de acceso á pista dende Frades. Unhas obras licitadas en 54.626 euros e financiadas grazas a un convenio de colaboración asinado entre os Concellos de Frades e Oroso coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, que achega máis de 47.000 euros.

Seguridade en Añá

Outra das actuacións en marcha é a da mellora da seguridade no viario que conecta a praza e o núcleo de Añá coa igrexa e o camposanto parroquial. Unha senda de 280 metros de longo e 1,5 metros de ancho, limitado exteriormente por un bordo de formigón. Unha actuación que supón un investimento de 80.496 euros, dos que o Concello de Frades achega un 10% e o resto é financiado grazas a unha achega da Xunta de Galicia.

Finalmente, tamén están a piques de rematar as obras de mellora da pista O Campo-Vilarxoán (Vitre), que inclúen a limpeza de gabias en ambas marxes e a mellora do firme da estrada, de 1,5 km de lonxitude. Así mesmo, o Concello de Frades tamén mellorará os accesos a Outeiro (Papucín) e a San Martiño (Frades), dous viarios de 1.180 e 110 metros de lonxitude, respectivamente. Tres actuacións nas que o Concello de Frades inviste 80.496 euros.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *