AD

Actualidad

Obxectivo Lestegás: Dar vida ao novo Peleteiro e meter no alugueiro as 6.198 vivendas baleiras en Santiago

today3 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, expresou en Radio Líder Santiago o seu desexo de que a resolución do ámbito do antigo colexio Peleteiro se converta nun «acordo de cidade». Di traballar fime para sacar adiante este proxecto endémico da cidade, sen solución dende o ano 1999. Durante a entrevista, Lestegás subliñou a importancia de traballar nunha modificación de planeamento para cambiar os usos previstos e aumentar o número de vivendas dispoñibles.

Doutra banda, o edil nacionalista asegurou que «necesitamos avanzar cara a un mellor aproveitamento do parque residencial que xa temos», destacou Lestegás, sinalando que, segundo datos do INE, hai 6.198 vivendas baleiras en Santiago de Compostela, unha cifra que precisa dun estudo onde se coñezan os motivos para darlle solucións. O concelleiro propuxo poñer en uso unha parte destas vivendas, independentemente da construción de novas edificacións. Segundo unha enquisa recente, a vivenda é a segunda das maiores preocupacións dos veciños e veciñas de Compostela, por detrás da mobilidade/tráfico.

Outro punto clave da súa intervención foi a creación dunha empresa municipal de vivenda. «Poñer en marcha o procedemento para crear unha empresa municipal de vivenda é unha ferramenta imprescindible para facer unha política de vivenda pública que poña o foco na rehabilitación e recuperación, sen excluír obra nova», explicou. Lestegás insistiu na prioridade de adoptar un modelo urbano compacto que combine a rehabilitación con novas construcións.

En resumo, Iago Lestegás fixo un chamamento á cooperación para abordar os retos urbanísticos de Santiago de Compostela, promovendo unha xestión eficiente do parque residencial existente e a creación de mecanismos para desenvolver unha política de vivenda pública máis robusta e inclusiva.

A entrevista completa, no seguiente enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%