AD

Comarca

Operativo de búsqueda en Ponte Taboada: convocan voluntarios para este martes

today13 enero, 2025

Fondo
share close
AD

Silleda, 12 de xaneiro de 2025 – O operativo de busca de Alex Wang, o mozo desaparecido dende a mañá do pasado domingo, proseguirá na xornada de mañá martes, centrado nas inmediacións de Ponte Taboada.

Imaxe do operativo de búsqueda do mozo Álex Wang

Durante o día de hoxe luns, efectivos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, e da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), apoiados por drons, un helicóptero, cans de rastreo, e persoal do Concello de Silleda, uníronse a brigadas forestais e numerosos voluntarios para continuar a búsqueda intensiva.

As autoridades fan un chamamento á cidadanía que desexe colaborar na búsqueda de Alex Wang para que se achegue ao operativo, que partirá ás 10:30 horas. As primeiras horas da mañá estarán reservadas para o traballo do grupo de rastreo especializado.

O Concello de Silleda agradece a colaboración e o compromiso de toda a veciñanza neste difícil momento, coa esperanza de localizar a Alex Wang canto antes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *