AD

Actualidad

Oroso acomete melloras na rede de alumeado público

today8 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O Concello de Oroso iniciou as obras de mellora do alumeado público e a súa eficiencia enerxética na urbanización Porto Avieira.

Estas melloras abranguen a toda a urbanización, incluíndo a Rúa Ramon Cabanillas, Rúa Eduardo Blanco Amor, Rúa Maruxa Mallo, Rúa Fernández del Riego, Rúa María Casares e a Rúa Castelao.

O proxecto, dividido en dúas fases, require un investimento total de 180.000€ procedentes dos fondos do POS do ano 2022. Esta actuación marca o inicio dunha serie de melloras planificadas para esta urbanización, incluíndo a mellora dos accesos e da pista deportiva.

O obxectivo principal destas obras é mellorar a calidade do alumeado público, incrementar a seguridade da instalación e a súa eficiencia enerxética, así como solucionar os problemas causados polo cableado defectuoso que está a causar cortes de luz. Ademais, procura integrarse mellor no entorno urbanístico.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%