AD

Comarca

Oroso únese á loita por unha AP-9 máis xusta

today6 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Concello reclama o pago íntegro do IBI pola concesionaria da autoestrada

Oroso deu un paso firme na defensa dos dereitos dos seus veciños e veciñas ao participar hoxe en Abegondo na constitución da Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9. Esta plataforma nace coa vontade de reclamar que a empresa concesionaria da autoestrada asuma as súas obrigas fiscais, concretamente o pago do 100% do IBI, tras décadas de exencións consideradas inxustas polos municipios afectados.

Trátase dunha causa xusta e histórica que xa conta coa participación de 11 concellos e á que Oroso se sumará formalmente nos vindeiros días, unha vez completados os trámites necesarios. O obxectivo é común e apartidista: facer valer a voz dos concellos fronte a unha infraestrutura que durante anos ignorou o impacto sobre as persoas que viven ao seu carón.

O Concello de Oroso comprométese así a defender con firmeza os intereses da súa veciñanza e a esixir un trato equitativo e respectuoso por parte da concesionaria da AP-9.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *