Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 octubre, 2025
A pasada fin de semana do 11 de outubro, a localidade de Ferrol acolleu o Campionato Galego de Karate Cadete, Júnior e Sub-21 II Copa Máster, no que os amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga acadaron a medalla de ouro e de prata respectivamente
Con estes resultados, ámbolos dous karatekas aseguraron a súa participación na preselección para o Campionato de España que se celebrará en Xaén no vindeiro mes de novembro
Ames, 16 de outubro de 2025.- A pasada fin de semana do 11 de outubro, a localidade de Ferrol acolleu o Campionato Galego de Karate Cadete, Júnior e Sub-21 II Copa Máster, no que os amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga acadaron a medalla de ouro e de prata respectivamente.
Ferrol foi a localidade escollida para acoller o Campionato Galego Cadete de Karate, así como o Júnior e Sub-21 II Copa Máster, que se celebraron de xeito conxunto o pasado 11 de outubro. Nesta ocasión, os amesáns Xoán David e Olivia Parga volveron subir ao podio nas súas respectivas categorías.
Pola súa parte, Xoán David proclamouse campión galego na categoría sub21 <60kg tras gañar o seu combate por un amplo resultado de 11-2 contra un rival ferrolán do club Gran Bazán.
En canto a Olivia Parga, a deportista do Milladoiro acadou a medalla de prata na categoría de cadete <47kg tras un axustado combate que perdeu por un 6-4.
Con estes resultados, ámbolos dous karatekas aseguraron a súa participación na preselección para o Campionato de España que se celebrará en Xaén no vindeiro mes de novembro.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)