AD

Actualidad

Os empresarios alertan dos graves problemas de seguridade e mantemento no polígono da Sionlla

today16 julio, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación Área Empresarial do Tambre elaborará unha diagnose coas deficiencias e un orzamento do seu custo

José Fernández Alborés, presidente: «Temos, ademais das deficiencias no mantemento, un grave problema de seguridade, polo que solicitamos a colaboración do Concello e os propietarios para acadar un consenso e solucionalo canto antes».

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Centro Empresarial do Tambre, sede da Asociación Área Empresarial do Tambre, acolleu esta mañá unha reunión na que participaron 27 propietarios do polígono da Sionlla, entre os que se encontraba XESTUR como propietario da parcela das parcelas do Biopolo; o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás; o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Manuel Domínguez; e varios técnicos municipais do Concello de Santiago.

O encontro organizouse para tratar de desbloquear a situación actual de abandono do polígono da Sionlla. Propietarios e administracións coinciden na necesidade de actuar sobre o mesmo, non só para que teña unha correcta conservación, senón para facer de Sionlla un parque de referencia.

Desde a Asociación Área Empresarial do Tambre vaise elaborar, o antes posible, unha diagnose dos elementos en mal estado de conservación que presenta o polígono, cun orzamento do custo desta intervención. “Temos, ademais das deficiencias no mantemento, un grave problema de seguridade, polo que solicitamos a colaboración do Concello e os propietarios para acadar un consenso e solucionalo canto antes” –indicou o presidente da Asociación, José Fernández Alborés–.

Os propietarios están a espera das alegacións presentadas no Concello e da proposta definitiva de estatutos da Entidade Urbanística de Conservación (EUC) que serán obxecto por parte do Concello para a súa constitución.

Outra vía para avanzar na mellora do mantemento do polígono da Sionlla será a constitución dunha nova figura, a Entidade de Conservación, Xestión e Modernización (ECOXEM). Os representantes municipais transmitiron que, paralelamente ao proceso de posta en marcha da EUC, pódese facer a tramitación da ECOXEM, pero que a obriga de constituír a entidade de conservación está no plan sectorial e hai que executala.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *