Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 diciembre, 2025
Ames, 26 de decembro de 2025.- Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Os personaxes de Disney volverán unha ano máis aos principais núcleos urbanos de Ames para visitar aos nenos e nenas do municipio nestas datas. A súa primeira parada será na Casa dos Maiores de Bertamiráns, situada na praza da Maía, o luns 29, onde os cativos e cativas poderán visitar aos seus personaxes favoritos en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.
Ao día seguinte, os personaxes Disney desprazaranse ata o centro social do Milladoiro (antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8), para facer o propio, tamén en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas durante a tarde. Non será necesario reservar praza para acudir a esta actividade en ningún dos dous núcleos.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, convida a todos os veciños e veciñas de Ames a participar nesta actividade. “Todos aqueles nenos e nenas que queiran acudir o luns 29 e o martes 30 a ver e saudar aos personaxes Disney, non teñen que sacar cita previa. Tan só teñen que pasar pola Casa dos Maiores de Bertamiráns ou polo antigo centro de saúde do Milladoiro, situado na rúa Agro do Medio”.
Programación de Nadal de decembro
Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025 ofrecida polo Concello de Ames, que comezou o xoves 4 de decembro co acendido das luces de Nadal e rematará o próximo sábado, 10 de xaneiro, co concerto de Reis a cargo de cinco agrupacións corais de Ames.
O ano pecharase coa gran Festa de Fin de Ano en Ames o día 31 de decembro. Desde pola mañá, a veciñanza poderá desfrutar das xa tradicionais Prebadaladas, que darán comezo ás 11.30 para repartir as bolsas con cotillón, arandos e con moita música e animación na praza do Concello. Pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas, tamén na praza do Concello, será a quenda do Tardeo, que se presenta como unha das novidades deste Nadal e que será un punto de encontro festivo para todos os públicos.
Tras as badaladas terá lugar unha Festa de Fin de Ano, que se celebrará no pavillón de Bertamiráns, de 1:00 a 8:00 horas, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Trátase dunha das principais novidades da programación municipal para este ano, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello. Contarase con servizo de autobús cunha liña fixa, que saíra a 1.00 horas. A volta farase a partir das 04.00 horas con saídas cada hora dende o pavillón de Bertamiráns.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)