AD

Destacado

Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición «En galego, naturalmente»

today28 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

28/11/2023.- «En galego, naturalmente» é o lema co que se presenta este ano os ‘Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio’, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global. O 18 de decembro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega de premios ás empresas seleccionadas polo xurado, nunha convocatoria co obxectivo de dar a coñecer e espallar a utilidade que ten o galego, tamén como lingua instrumental como no ámbito mercantil.

A convocatoria estará aberta ata o día 11 de decembro e as bases poden consultarse na web premiosmanuelbeiras.gal. Durante as semanas previas á entrega dos premios, desenvolverase unha campaña arredor do lema «En galego, naturalmente» co obxectivo de difundir a convocatoria e as mensaxes do premio así como para animar ás empresas a que presenten as súas candidaturas.

Como nos anos anteriores, calquera persoa ou entidade pode formular propostas de candidaturas e tamén o poden facer as mesmas empresas. A proposta debe achegar, na medida do posible, información sobre a práctica lingüística da empresa. Para facilitar a recollida desta información, as empresas candidatas poden sumarse a #galegoempresas (galegoempresas.santiagodecompostela.gal), na que poden completar un autodiagnóstico e tamén poden elaborar unha pequena memoria, para o que contarán co apoio, se o precisan, do Departamento de Lingua. Na web atoparán unha guía para facilitar a información que o xurado necesita. Como é habitual, a organización non fai público o nome das empresas que son candidatas, mais elas si poden publicitalo.

A convocatoria dese ano rematará coa entrega dos premios ás empresas galardoadas, nun acto que terá lugar o vindeiro 18 de decembro ás 20 horas no Teatro Principal. A gala estará conducida por Isabel Risco.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%