Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Os Reis Magos recibiron aos cativos e cativas de Ames durante os días 3 e 4 de xaneiro nos pavillóns de Bertamiráns e O Milladoiro
Un todal de 450 familias no Milladoiro e 415 en Bertamiráns acudiron á recepción
Tren de Nadal
O Tren de Nadal de Ames realizou entre os días 3 e 4 de xaneiro un total de 40 viaxes nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns, transportando un total de 1.548 persoas entre os dous días de actividade.
Visitas ás parroquias
Por outra banda, o día previo á chegada dos agasallos dos Reis Magos, as Súas Maxestades percorrerán o domingo 5 todos os recunchos do concello, comezando polas parroquias do rural amesán. Deste xeito, a rapazada destes núcleos rurais tamén poderá gozar da visita dos Reis Magos. Iniciarán o seu percorrido pola Ameixenda e Cruxeiras ás 10.00, continuando por Augapesada ás 10.30, por Piñeiro e Covas ás 11.00, polos lugares de Tapia e Ortoño ás 11.30, por Lens ás 12.00, por Agrón e Bugallido ás 12.30, por Trasmonte á 13.00 e finalizando este percorrido en Biduído á 13.30.
Nova programación da festa final de Reis
A apertura de portas no pavillón municipal do Milladoiro será ás 16:30 para dar comezo á festa de 17.00 a 19.00 horas. No caso de Bertamiráns, a apertura de portas producirase ás 18.30 e a festa será de 19.00 a 21.00 horas.
En ámbalas localidades os asistentes poderán gozar coas actuacións da Charanga Bicoia, Charanga TNT e os Tiralle do Aire así como da animación a continuación ao cargo dos DJs reais, que acompañarán durante dúas horas as Súas Maxestades.
Haberá tamén chocolatada e rosca con e sen glute.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)