AD

Actualidad

Os socialistas acusan a Goretti Sanmartín de “mentir descaradamente” sobre a praza de protocolo

today2 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

O PSdeG de Santiago de Compostela acusa á alcaldesa Goretti Sanmartín de manipulación política tras o anuncio da creación dun posto específico de protocolo no Concello.

As e os socialistas lembran que a praza xa estaba incluída na oferta de emprego público de 2024 e critican que a rexedora opte por cubrir o posto con persoal eventual.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025. O grupo municipal socialista de Santiago de Compostela lamenta a actitude da alcaldesa, Goretti Sanmartín, tras anunciar a creación dun posto específico de protocolo no Concello. A concelleira socialista Marta Abal advertiu que se trata “cando menos un exercicio de manipulación política” e acusou á rexedora de que “minte descaradamente”.

Segundo recordou Abal, a praza de protocolo xa fora incorporada á oferta de emprego público de 2024, mais a súa cobertura interina permanece paralizada dende xullo do pasado ano, cando se publicou o listado provisional de admitidos e excluídos.

A concelleira engadiu que semella evidente que ao goberno do BNG “non lle gusta o listado publicado” e, namentres, opta por “colocar a dedo a unha persoa da súa confianza baixo a fórmula do persoal eventual”, algo que segundo Abal é “ un parche que demostra que a prioridade non é respectar os procesos abertos nin garantir a igualdade de oportunidades, senón asegurar que o posto clave de protocolo quede baixo o control do partido”

Para as e os socialistas, “Sanmartín non anuncia nada novo, senón que tapa cun relato interesado unha realidade incómoda”.

Para rematar Abal insistiu en que “as declaracións da alcaldesa erosionan a confianza na xestión municipal e proxectan a imaxe dun Concello convertido nun espazo de recolocación partidaria en lugar dunha institución ao servicio de toda a veciñanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *