Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 octubre, 2025
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista expresou a súa preocupación pola situación que se está a vivir no Parque Municipal de Bombeiros de Santiago.
“Desde o Grupo Municipal Socialista queremos manifestar a nosa máxima preocupación pola situación que se está a vivir no Parque Municipal de Bombeiros de Santiago e que leva a que, días como hoxe, o parque non poida atender a incidencias dunha mínima gravidade”, afirmou o voceiro socialista, Gumersindo Guinarte.
O representante do grupo municipal socialista instou ao Goberno local a actuar con rapidez. “Instamos ao Goberno Municipal a que resolva canto antes as razóns que están no fondo desta situación, que atenda, por tanto, a pagar as horas extras que o parque leva a feito e que non son algo novo, que o Goberno Municipal coñece obviamente, que é unha débeda que ten asumida cos bombeiros e que debe atender”, subliñou.
Guinarte tamén reclamou “que acelere en todo o posible a provisión de novas prazas o parque para que poida aproveitarse esa taxa de reposición incrementada do 125% que agora se pode aproveitar para os corpos que atenden a emerxencias, como é o caso dos bombeiros”.
O grupo municipal socialista considera que a situación actual require unha resposta inmediata por parte do Goberno municipal para garantir o correcto funcionamento do servizo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)