AD

Comarca

Os socialistas de Lalín alertan do abandono da Rolda Leste

today30 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O PSdeG de Lalín denunciou este xoves o mal estado no que se atopa a Rolda Leste, un vial que presenta un notable deterioro e unha crecente multiplicación de fochancas sen que, segundo os socialistas, exista ningunha solución á vista por parte do goberno municipal.

A portavoz municipal socialista, Alba Forno, criticou a “falta absoluta de planificación e de vontade política” para arranxar esta infraestrutura, lembrando que o propio goberno local recoñece que a reparación integral da vía suporía un investimento superior aos 2,5 millóns de euros. Porén, tal e como subliñou, “ata o de agora non existe ningunha consignación orzamentaria nin se están a levar a cabo tarefas preventivas minimamente efectivas”.

Forno advertiu de que o estado da Rolda Leste supón un problema tanto para a seguridade viaria como para a imaxe da cidade, xa que se trata dun dos accesos máis transitados. “As fochancas aumentan día a día e o único que fai o Concello é mirar para outro lado”, asegurou.

Desde o PSdeG esixen actuacións inmediatas, cando menos de mantemento urxente, e reclaman un compromiso real do goberno municipal para incluír a reparación da Rolda Leste nos próximos orzamentos e poñer fin a unha situación que cualifican de “insostible”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *