AD

Comarca

Padrón acollerá o sábado 14 de xuño unha quedada fotográfica con visitas guiadas

today21 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

• A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar e dispoñan dunha cámara ou dun móbil
• Os participantes asistirán a un faladoiro sobre fotografía e visitarán a vila, o xardín botánico, o convento de Herbón e a Casa de Rosalía
• As inscricións están xa abertas na páxina web de Padrón Turismo

Padrón. 21-5-2025.- A comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programan unha quedada fotográfica para o sábado 14 de xuño, na que se inclúen diversas visitas guiadas e que está aberta a todas as persoas que queiran participar, independentemente dos seus coñecementos fotográficos e do equipo que teñan.

A actividade é gratuíta e o único requisito que deben cumprir os participantes é dispoñer dunha cámara ou dun teléfono móbil para poder facer as súas propias fotos.
Iniciará a xornada un faladoiro sobre nocións fotográficas a cargo dun dos responsables de Fotowalk Galicia, para despois dedicar o resto do día a levar estes coñecementos á práctica nas visitas que os participantes realizarán a algúns dos principais atractivos turísticos de Padrón.

O programa inclúe visitas guiadas á vila medieval padronesa, ao seu xardín botánico e ao convento de Herbón e o río Ulla. Ademais, o grupo poderá percorrer por libre a Casa de Rosalía.

A organización recorda que a comida correrá por conta dos asistentes e recomenda levala da casa para poder facer un pícnic.

As persoas interesadas en participar na quedada poden xa inscribirse mandando un correo cos seus datos a fotowalkgalicia@gmail.com ou ben cubrindo o formulario dispoñible no apartado de inscricións da páxina web de Padrón Turismo (www.padronturismo.gal/inscricions).

A hora de comezo da actividade será ás once da mañá e o punto de encontro queda fixado no auditorio municipal de Padrón, localizado no Campo do Souto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *