AD

Comarca

Padrón agradece os 25.000 € de 7 empresas para a iluminación de Nadal

today30 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Os 25.000 euros aportados por sete firmas permitirán ampliar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o pequeno comercio e hostalaría local
  • “Os avances na colaboración público privada en beneficio da cidadanía permiten que Padrón sexa punto de referencia do Nadal en Galicia”, asegura o alcalde
  • O domingo 1 de decembro acenderanse as luces ás 19.30 horas. Os espectáculos programados suspéndense polas previsións de choiva

Padrón. 30-11-2024.- A concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, agradecen a implicación de sete grandes empresas de Padrón que aportan 25.000 euros para financiar o alumeado de Nadal, que permitirán ampliar a iluminación e encher de luz o municipio a partir deste domingo, 1 de decembro, ás 19.30 horas. O Concello suspende os espectáculos programados para o acendido das luces debido as previsións de choivas que anuncia Meteogalicia.

As empresas que participan nesta iniciativa son Hotel Scala, Cortizo, Exlabesa, Mármoles Orosa, Finsa, Codega e Grúas Estación. Con esta aportación, o Concello poderá ampliar os espazos decorados no casco urbano, con máis arcos de luz e novos conxuntos de elementos que se extenderán ata os territorios do rural, ampliando así a iluminación en todo o municipio.

«Os avances en colaboración público privada en beneficio de toda a cidadanía é algo que, afortunadamente, se reforza en Padrón con cada iniciativa que dende o Concello lle propoñemos ás empresas da nosa contorna, sempre dispostas a botar unha man», asegura, Anxo Arca. Segundo o alcalde, “Padrón será, por segundo ano consecutivo, un punto de referencia fundamental do Nadal en Galicia”.

Chus Campos, pola súa banda, destaca a implicación das grandes empresas do municipio para potenciar o Nadal en Padrón. “É fermoso ver como estas firmas poñen recursos para axudar ao pequeno comercio e á hostalaría do noso pobo”, asegura a concelleira de Turismo, facendo referencia a que unha maior e mellor iluminación vai ser beneficiosa para o comercio local.

Alcalde e concelleira recibiron este venres a representantes das empresas na casa consistorial e, despois, fixéronse unha fotografía na rotonda da N-550 preto do hotel Scala, dende a que se recibe a todos os visitantes cun “Bo Nadal Padrón”.

Acendido das luces, domingo as 19.30 horas

O acendido das luces de Nadal en Padrón celebrarase mañá domingo, 1 de decembro, dende a recentemente remodelada praza de Fondo de Vila a partir das 19.30 horas. O Concello suspende as actividades programadas para este acto debido ás previsións de choivas que anuncia Meteogalicia. Por este motivo non se celebrará nin o espectáculo aéreo Inanna nin a paseo dos trasnos de Papá Noel polas rúas da vila.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%