AD

Comarca

Padrón amplía o Concilia Nadal, que comezará antes e contará con máis prazas

today11 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

• O programa, dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, desenvolverase no CEIP Flavia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro
• As inscricións poderán formalizarse do 13 ao 20 de novembro

Padrón.11-11-2025.- O programa Concilia Nadal regresa con novidades: nesta edición comezará un día antes e aumenta o número de prazas, pasando de 40 a 45. A iniciativa, organizada polo Concello de Padrón a través da Concellería de Servizos Sociais, ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións escolares.

O Concilia Nadal 2025 desenvolverase os días 22, 23, 24, 26, 30 e 31 de decembro, e os 2, 5 e 7 de xaneiro, nas instalacións do CEIP Flavia, en horario de 7.45 a 15.15 horas. O programa está dirixido a menores escolarizados de 3 a 16 anos empadroados no Concello de Padrón. No caso de quedar prazas vacantes, poderán participar tamén menores doutros concellos.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 13 ao 20 de novembro, e o prezo de participación é de 50 euros. A inscrición pode facerse por vía telemática ou de forma presencial, no rexistro do Concello ou de Servizos Sociais.

O Concilia Nadal é unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade.

As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao 981 817 025.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *