AD

Comarca

Padrón celebra o San Xoán do Raio coa procesión, música de acordeón e o xantar da terceira idade

today6 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • A A.C. Rosalía de Castro abriu a procesión dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, na que cantou a Coral Val do Sar
  • Concerto na praza de Macías do dúo Ad Libitum
  • Unhas trescentas persoas no xantar de confraternidade

Padrón. 6-5-2025.- Padrón mantense fiel a tradición. A procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial marcou o inicio do programa festivo do día do patrón da capital do Sar. O alcalde, Anxo Arca, e o goberno municipal presidiron os actos nos que participaron representantes da Corporación e centos de veciños e veciñas.

Un cuarteto da A.C. Rosalía de Castro de Padrón abriu a comitiva que trasladaba ao San Xoán do Raio en procesión, seguida dos membros do goberno local e da corporación municipal, acompañados de decenas de veciños e veciñas.

Procesión de San Xoán do Raio polas rúas de Padrón

A Coral Val do Sar cantou na misa solemne, que deu paso a o concerto do dúo de acordeóns Ad Libitum na praza de Macías, e que foi moi aplaudido polo público presente.

Despois de corenta minutos de música comezou o xantar da terceira idade no hotel Scala, no que participaron unhas trescentas persoas, que estivo amenizado pola música do dúo Sasbrosito. Na sobremesa, e antes de comezar o baile, sorteáronse entre os asistentes dúas ceas para dúas persoas, unha entrada para que dúas persoas poidan acudir ao balneario de Cuntis e catro lotes de viño doados polo restaurante.

A festa continuou pola tarde-noite xa no Campo do Souto, coas verbenas amenizadas polas agrupacións V-Roc e o UYF’75, o grupo padronés Unión y Fuerza fundado en 1975 que se volveron xuntar nesta ocasión para celebrar o seu cincuenta aniversario.

Concerto dúo de acordeóns Ad Libitum na praza de Macías

Festa que data de 1613

A festividade de San Xoán do Raio ten máis de 400 anos de historia. Remóntase a un domingo de 1613 cando un raio caeu na igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia durante o transcurso dunha misa. O incidente so causou danos materiais, destruíndo unha das torres da antiga colexiada, pero sin que ningunha das persoas presentes resultase ferida. A iniciativa do Cabildo de Iria declarouse a festivididade de San Xoán do Raio o 6 de maio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *