AD

Comarca

Padrón conmemora o 25N cunha xornada de actos este venres 29 de novembro

today27 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

• Xunto ao acto institucional na praza da Igualdade, o programa tamén inclúe a representación de ‘Mariposas no aire’ e a entrega dos premios do IV Certame de Debuxos sobre igualdade e loita contra a violencia machista
• A concelleira de Igualdade e Muller, Mariló Saco, será a encargada de ler o manifesto

Padrón. 27-11-2024.- O Concello de Padrón, en colaboración co CIM Terras de Iria, organiza este venres 29 de novembro unha completa xornada de actividades con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A programación inclúe propostas culturais e institucionais que teñen como obxectivo visibilizar a violencia de xénero, render homenaxe ás vítimas e reafirmar o compromiso do municipio coa igualdade.

A xornada comezará ás 18:00 horas na praza da Igualdade, onde terá lugar o acto institucional. Na praza xa loce deste este 25N o monumento ás vítimas da violencia de xénero con 41 caraveis malva e 8 brancos en memoria das mulleres e das nenos e nenas que foron asasinados no que levamos de ano en España.

Posteriormente, ás 19:00 horas no auditorio municipal, a compañía teatral Maramado representará a obra Mariposas no aire, un emocionante espectáculo que narra a vida e o legado das Irmás Mirabal. Estas mulleres, símbolos do feminismo mundial pola súa loita contra a ditadura de Trujillo na República Dominicana, representan os valores de igualdade e liberdade polos que o 25N é hoxe unha data de reivindicación a nivel global.

Ademais, durante o acto no auditorio, terá lugar a lectura do manifesto institucional por parte da concelleira Mariló Saco, que reafirmará o compromiso de Padrón coa erradicación da violencia de xénero. Para pechar a xornada, farase a entrega dos premios do IV Certame de Debuxos sobre igualdade e loita contra a violencia machista, no que participaron escolares de centros educativos locais. Os traballos premiados e o resto das creacións estarán expostos nos escaparates do municipio ata o 30 de novembro, convidando á veciñanza a reflexionar sobre a importancia da igualdade a través da creatividade infantil e xuvenil.

Desde o Concello de Padrón faise un chamamento á participación cidadá nestes actos, salientando que a loita contra a violencia de xénero require o esforzo e a implicación de toda a sociedade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%