AD

Comarca

Padrón, en obras: nove proxectos de obra pública en execución e tres máis a punto de comezar

today1 octubre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Concello impulsa actuacións simultáneas para modernizar infraestruturas e coidar a veciñanza
  • O volume de accións evidencia o compromiso municipal coa mellora continua dos servizos e dos espazos públicos
  • O alcalde Anxo Arca destaca “a grande capacidade de xestión desta administración, que volve funcionar despois de moitos anos de parálise”

Padrón. 1-10-2025.- O Concello de Padrón atópase cun importante volume de obras públicas en marcha, con nove proxectos simultáneos que abranguen desde pavimentacións de viais ata melloras en espazos deportivos e infantís, así como renovación de infraestruturas de saneamento e abastecemento. A estas actuacións sumaranse de xeito inminente outras tres intervencións, como a renovación do parque da Devesa, a mellora do campo de fútbol de Estramundi e a reforma do cemiterio do Santiaguiño. Estas obras reflicten o compromiso do Concello de mellorar os espazos públicos e avanzar en infraestruturas en todas as parroquias do municipio.

As actuacións actualmente en curso son:

  • Cinco pavimentacións de viais nas zonas de Pousada, Pazos, Sinde, Pedreda e Sande.
  • Instalación dunha nova pista deportiva, o pump track no Paseo da Constitución.
  • Renovación do parque infantil da rúa Vila de Rianxo.
  • Pavimentación dos camiños do cemiterio da Matanza.
  • Cambio de canalizacións de saneamento, abastecemento e pluviais na rúa Real.

De xeito inminente comezarán outras tres actuacións:

  • Renovación do parque da Devesa (Estramundi).
  • Cambio do céspede e mellora do sistema de rego do campo de fútbol de Estramundi.
  • Mellora do cemiterio do Santiaguiño, que inclúe pintado da fachada e axardinamento de zonas interiores deterioradas.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destaca que “nunca se vira en Padrón un volume de obra pública en execución tan elevado. Isto evidencia a grande capacidade de xestión desta administración, que volve funcionar despois de moitos anos de parálise”. “Padrón necesita moitas melloras, en todos os territorios, por iso traballamos sen descanso para conseguir a maior cota de avances no menor tempo posible”, engade o rexedor.

Estas actuacións forman parte do esforzo do Concello por modernizar infraestruturas, coidar espazos públicos e garantir avances visibles e duradeiros en todas as parroquias do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *