AD

Comarca

Padrón encarga un proxecto para converter a antiga escola de Pazos en vivendas sociais

today30 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O edificio, pechado pola Xunta en 2017, podería acoller ata catro vivendas sociais
  • A actuación busca recuperar o inmoble máis grande das antigas escolas unitarias do municipio

Padrón. 30-9-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, informou esta mañá da intención do goberno padronés de transformar o edificio da antiga escola infantil de Pazos en varias vivendas sociais. Para este fin, o concello encargou xa a redacción dun proxecto que permita “volver darlle vida e utilidade a este edificio que leva anos abandonado”.

O estado de deterioro e abandono no que se atopa o inmoble pode constatarse nas fotografías aportadas polo Concello.

A antiga escola de Pazos foi pechada pola Xunta no ano 2017 e, desde esa data, permaneceu sen actividade nin labores de mantemento, o que acelerou o seu deterioro. Cómpre lembrar que se trata da antiga escola unitaria co edificio máis grande das existentes no municipio.

Tendo en conta a carencia de vivenda social en Padrón, semella axeitado e necesario volver a darlle utilidade a espazos que actualmente só aportan unha imaxe de decadencia.

O proxecto contempla a posibilidade de albergar ata catro vivendas, dúas na planta baixa e dúas no primeiro andar. Non obstante, no caso de reservar parte do inmoble para uso público, a capacidade reduciríase a tres ou a dúas vivendas na planta superior.

Nunha próxima xira de xuntanzas do Goberno municipal coa veciñanza, o alcalde escoitará a opinión da veciñanza de Pazos a este respecto para que a actuación conte cun carácter participativo.

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa vivenda e coa recuperación do patrimonio municipal en desuso que os anteriores gobernos do Partido Popular deixaron completamente abandonados.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *