AD

Actualidad

Padrón estabilizará a 21 traballadores máis co consenso sindical e do comité de empresa

today10 agosto, 2024

Fondo
share close
AD
  • Esta medida da resposta ao compromiso electoral do actual grupo de goberno e busca rematar coa precariedade existente
  • O actual goberno municipal defendeu a inclusión de servizos esencias como o Centro de Información á Muller ou o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que o goberno anterior, do Partido Popular, se negaba a considerar.
  • A selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo levarase a cabo mediante o sistema de concurso

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Padrón aprobou a modificación da convocatoria dos procesos de estabilización de emprego temporal para dar cobertura ás prazas que non estaban incluídas na oferta de emprego público extraordinario do 2022. A oferta anterior deixaba fóra ao persoal de servizos tan importantes como o CIM e o GES, ao non situalos o anterior goberno dentro do cadro de persoal municipal. Pola contra, o actual equipo de goberno, liderado por Anxo Arca, considera estes servizos fundamentais para Padrón.

Esta medida foi consensuada cos sindicatos e co comité de empresa na mesa xeral de negociación, seguindo a liña de diálogo prometida polo actual goberno local. O resultado deste proceso será a eliminación da temporalidade dos empregados públicos do Concello, cumprindo así co compromiso electoral do actual grupo de goberno socialista.

A selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo levarase a cabo mediante o sistema de concurso e ofertaranse 21 prazas en total, que se suman ás 42 prazas incluídas inicialmente.

Os procedementos convocados inclúen os 8 postos de peón e 4 xefes/as de equipo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal; 2 limpadores/as e 1 conserxe do albergue de peregrinos; 1 psicólogo/a do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais; 1 posto de dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais; 1 técnico/a informática responsable da aula de informática e do Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CEMIT); 1 auxiliar de enfermería do centro de saúde; 1 limpador/a do centro de saúde; e 1 operario/a limpeza viaria.

Esta convocatoria servirá tamén para crear unha bolsa de emprego para a cobertura de postos de traballo con carácter interino ou temporal integrada por todas aquelas persoas aspirantes que non superasen o proceso. Grazas á creación destas bolsas poderanse cubrir as baixas con máis celeridade e diminuír tempos de espera nos diferentes departamentos e servizos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%