AD

Comarca

Padrón goza co espectáculo aéreo Inanna nun sábado cheo de actividades de Nadal

today22 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

• Acrobacias e 15 metros de altura mesturáronse con malabares e fogos cativadores en Fondo de Vila
• A Coral Polifónica Padronesa, a Polifónica de Lalín e a Rondalla de Cariño participaron no Festival de Panxoliñas
• Os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas do casco histórico
• Os torneos de chave e de xadrez completaron a oferta deportiva dunha intensa xornada

Padrón. 22-12-2024.- As acrobacias aéreas e os malabares e fogos cativadores do espectáculo Inanna fixeron gozar este sábado a padroneses e padronesas nunha xornada chea de actividades de Nadal, na que tamén se celebraron o festival de panxoliñas e os torneos de chave e de xadrez.

A deusa do amor, da vida, da luz e herdeira do reino dos ceos, bailou suspendida a máis de quince metros de altura baixo unha gran flor iluminada, nun espectáculo que fixo gozar as persoas de todas as idades que se congregaron en Fondo de Vila.

Se sorprenderon as piruetas no aro ou nas cintas de tea que colgaban da flor cunha inmens agrúa mantiña por riba dos edificios, non menos espectaculares foron os malabares e fogos cativadores cos que unha parella sorprendía dende a rúa ao público presente.

Ao rematar este espectáculo, que fora suspendido o pasado 1 de decembro polo mal tempo, os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas de Padrón, animando a bailar a pequenos e maiores.

Case ao mesmo tempo que a música de Nadal soaba nas rúas, as panxoliñas deixábanse oi no auditorio municipal, no XXXVI Festival de Panxoliñas e Polifonía. Nestes concerto participaron a Asociación Cultural Rondalla de Cariño, a Coral Polifónica de Lalín e a Coral Polifónica Padronesa, e rematou coas tres agrupacións enriba do escenario para cantar xuntas Adeste Fideles.

Chave e xadrez

A intensa xornada deste sábado completouse coas actividades deportivas. Pola mañá, unha 60 persoas participaban no Torneo de chave de Nadal. Chema, Nani e Andrés foron os gañadores desta sexta edición do torneo.

A tenente de alcalde, Chus Campos, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, entregaron os trofeos aos gañadores e tamén os agasallos de Nadal que se sortearon entre todos os participantes.

Pola tarde, o protagonista foi o xadrez, coa celebración da segunda edición do. Torneo Rosalía de Castro Concello de Padrón. Un cento de xogadores e xogadoras de España e de Portugal participaron nesta proba, que se celebrou no pavillón do Souto.

Os primeiros postos do ránking foron para Xullo de Prado, Diego Cacheiro, iván Andrés e Óscar de Prado. O alcalde, Anxo Arca, e a tenente de alcalde, Chus Campos, entregáronlle os premios aos gañadores. Os resultados e clasificacións pódense ver neste enlace (preme aquí).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *