Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Padrón. 3-07-2024.- O Concello de Padrón iniciou este mércores, 3 de xullo, unha campaña especial de vixilancia do depósito de residuos nos contedores de lixo co obxectivo de promover unha contorna máis limpa e respectuosa co medio ambiente.
A medida pretende evitar que a veciñanza deixe bolsas de lixo ou outros residuos fóra dos colectores asignados, o que causa problemas como malos cheiros, dificultade na recollida de lixo e unha mala imaxe da vila.
A Policía Local de Padrón será a encargada de supervisar o cumprimento desta normativa. As persoas que non respecten as normas de uso dos contedores serán identificadas e sancionadas conforme á normativa vixente.
Dende o Concello, faise un chamamento á responsabilidade cidadá para que se empreguen correctamente os distintos tipos de contedores e se realice unha adecuada separación dos residuos. O correcto uso dos colectores é fundamental para manter un Padrón limpo e agradable para veciñanza e visitantes.
Esta medida súmase ao resto de iniciativas que está a poñer en marcha o actual goberno municipal de Padrón para reforzar o seu compromiso co desenvolvemento sostible e coa mellora continua da calidade de vida dos seus cidadáns.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)