AD

Actualidad

Padrón obtén o título de ‘Pueblo Mágico de Galicia’

today17 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

• O municipio reuniu o 49,2 por cento das votacións rexistradas en Galicia
• A localidade consolida o seu lugar na rede estatal de Pueblos Mágicos
• O recoñecemento distingue aos concellos que destacan polo seu patrimonio, cultura e compromiso co desenvolvemento do territorio

17-11-2025.- Padrón foi elixido Pueblo Mágico de  Galicia, un recoñecemento que consolida ao municipio como un dos destinos culturais e patrimoniais máis destacados da comunidade. A votación, aberta entre o 3 e o 10 de novembro, reuniu máis de 145.000 participacións en todo o Estado. No caso galego, emitíronse arredor de 13.000 votos, dos que Padrón obtivo o 49,2%, é dicir, uns 6.300 apoios, situándose como o municipio máis votado da comunidade.

Esta distinción, impulsada pola Rede de Pueblos Mágicos de España e polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), premia aos concellos que sobresaen pola súa protección e divulgación do patrimonio cultural e natural, pola promoción da cultura local e polo seu compromiso co desenvolvemento sostible.

O Concello de Padrón agradece profundamente o apoio recibido por parte da veciñanza, asociacións, colectivos, centros educativos, sectores profesionais e persoas de toda Galicia que se implicaron na difusión e defensa da candidatura. Tamén destaca a colaboración e o respaldo de entidades amigas, como o Ayuntamiento de Arjonilla, que contribuíron a lograr este importante resultado.

Cos este título, Padrón reforza a súa presenza na Rede de Pueblos Mágicos, da que forma parte desde novembro de 2024, sendo ademais a primeira localidade da provincia da Coruña en incorporarse a este selo de calidade turística e cultural.

Este recoñecemento supón un impulso para continuar fortalecendo a promoción do patrimonio, do turismo sostible e da cultura local, ademais de converterse nunha ferramenta estratéxica para seguir poñendo en valor a singularidade do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *