AD

Actualidad

Padrón ofrece un curso de interpretación do patrimonio para fomentar novos produtos turísticos

today10 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • As inscricións, abertas a todas as persoas interesadas, son gratuítas e poderán facerse no 677 347 259 ata o venres 19 de abril
  • O curso combina a formación presencial e en liña con visitas e prácticas
  • Consta de 35 horas lectivas, que se repartirán entre o 23 de abril e o 12 de xuño

Padrón. 9-4-2024.- O Concello de Padrón abre o prazo de inscrición nun curso gratuito de interpretación do patrimonio que ten como finalidade animar e axudar a persoas e empresas a crear un produto turístico centrado na vila padronesa e comezar a comercializalo. O curso, que combina a asistencia presencial co seguimento por internet, consta dun total de 35 horas e comezará o martes 23 de abril. O prazo para anotarse remata o venres 19.

“Interpretación do patrimonio cultural e natural do Concello de Padrón” é o título do curso co que o Concello quere dar un paso máis de cara a fomentar un turismo de calidade. Está orientado a profesionais vencellados ao turismo, como xestores do patrimonio, guías, educadores turísticos e ambientais ou propietarios de establecementos, pero tamén a calquera persoa que estea interesada en coñecer máis polo miúdo  o patrimonio padronés. Composta por cinco módulos, a formación tratará sobre todos os atractivos de Padrón dende diferentes ópticas e ofrecerá, a maiores, as bases para crear un produto turístico.

O primeiro módulo, que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de abril, centrarase nos aspectos culturais, literarios e gastronómicos. O segundo abordará, entre o 7 e o 10 de maio, recursos naturais como o Xardín botánico ou o río Ulla. O terceiro centrarase no Camiño de Santiago entre o 15 e o 17 de maio. E o cuarto e o quinto ocuparanse, respectivamente, da creación de produtos turísticos e da aplicación de tecnoloxías en turismo.

As sesións, que contarán con diversos ponentes expertos en turismo, incluirán visitas e prácticas. As prazas, limitadas, outorgaranse por orde de inscrición na dirección de correo electrónico turismo@padron.gal. As persoas interesadas poderán obter máis información chamando ao número de teléfono 677 347 259. O prazo de inscrición remata o venres 19 de abril.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%