AD

Comarca

Padrón opta ao galardón de Pobo Máxico de España 2026

today6 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Esta distinción recoñece aos concellos comprometidos co patrimonio, a cultura e o desenvolvemento do territorio
  • O proceso de votación permanece aberto ata o 10 de novembro ás 23:59

Padrón. 6-11-2025.- Padrón aspira por primeira vez a converterse en Pobo Máxico de España 2026, unha distinción que premia aos concellos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento rural, a conservación do patrimonio, a promoción da cultura local e a valorización dos seus recursos naturais. O municipio comparte candidatura con A Pobra de Trives, Cambados, Combarro, Larouco, O Vicedo, Portomarín e Ribadavia.

O proceso de votación permanece aberto ata o 10 de novembro ás 23:59 e permite emitir ata tres votos diarios por usuario a través da aplicación móbil ou da web oficial de Pueblos Mágicos de España. O municipio máis votado en cada comunidade autónoma recibirá o trofeo que o acredita como Pobo Máxico 2026 durante a feira internacional FITUR. Ademais, entre todas as persoas participantes sortearanse dez exemplares da guía de viaxes 18 Rutas Mágicas por España.

O Concello agradece o apoio de entidades e persoas que xa se están implicando na difusión da candidatura. Entre elas destaca o Concello de Arjonilla, que anima a votar polo seu pobo irmán de Padrón, reforzando así o lazo de amizade entre ambas localidades.

Desde o Concello anímase a toda a veciñanza, asociacións e colectivos a mostrar o seu apoio e contribuír a que Padrón obteña este recoñecemento, que serviría para seguir impulsando o turismo, o patrimonio e a cultura do municipio.

Rede de Pueblos Mágicos

Padrón forma parte da rede de Pueblos Mágicos de España dende novembro de 2024, e é a primeira localidade da provincia da Coruña en acadar esta distinción. O recoñecemento, impulsado polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), pon en valor a singularidade das vilas con patrimonio cultural, natural e gastronómico de especial interese.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *